Menachem Begin, nado en Brest, Belarús o 16 de agosto de 1913 e finado en Xerusalén o 9 de marzo de 1992, foi un político israelí e 6º primeiro ministro de Israel en maio de 1977. Baixo o acobillo do entón presidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter, Begin negociou en 1978 os acordos de Camp David co presidente de Exipto, Anwar Sadat, polos que Israel devolveu a península de Sinaí a Exipto. Por estes acordos Begin e Sadat recibiron o Premio Nobel da Paz en 1978.Páxina dos Premios Nobel

Traxectoria Beguin naceu en Brest-Litovsk (entón en Polonia, hoxe en Belarús), educado no sionismo polo seu pai. Estudou nun colexio hebreo e nun liceo polaco, e aos 16 anos entrou no movemento sionista Betar, creado por Vladimir Jabotinski. Dende 1939 foi líder da organización polaca de Betar. miniatura|Menachem Begin Ao comezo da segunda guerra mundial refuxiouse en Vilnius, ata que en 1940 a NKVD soviética arrestouno e enviouno a un campo de traballo de Siberia. Liberado en 1941, despois do acordo Sikorski-Mayski, uniuse ás forzas polacas libres establecidas na URSS e baixo o mando de Wladyslaw Anders, en 1942 como soldado desa unidade chega a Palestina. Alí incorpórase ao Irgún, o brazo armado e clandestino do sionismo revisionista, converténdose no seu líder en 1947. Coma tal foi o máximo responsable da destrución do hotel Rei David, cuartel xeral das forzas británicas en Palestina, no que morreron case 100 persoas, así coma do ataque á aldea palestina de Dir Yassin. Trala creación do Estado de Israel funda o partido político Herut, que máis tarde se convertería no partido dominante do Likud, que quedou fóra da corrente xeral do sionismo, defendendo un Israel antisocialista e territorialmente máis grande.

Como primeiro ministro, Begin, foi o artifice do acordo de paz con Exipto que supuña a devolución do Sinaí a Exipto e do desmantelamento dos asentamentos xudeus da zona. A pesar do que o plan de paz establecera unha autonomía palestina, Begin non a aplicou, o que supuxo a dimisión dos ministros Moshé Dayán e Ezer Weizman.

En 1982 Begin autorizou a entrada das Forzas de Defensa Israelís no Líbano. Esta incrusión dividiu fondamente á opinión pública israelí, e propicióu a dimisión de Begin en agosto de 1983, xunto coa morte da súa dona, Aliza.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Conflito árabe-israelí.

Categoría:Primeiros ministros de Israel Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Nados en Brest, Belarús Categoría:Alumnos da Universidade de Varsovia Categoría:Premios Nobel de Israel Categoría:Premios Nobel de Polonia