Joan Monleon, nado en Valencia o 18 de outubro de 1936 e finado o 28 de decembro de 2009, foi un actor, cantante e presentador de televisión valenciano.

Traxectoria Joan Monleon comezou a súa carreira artística como actor de teatro, afección que compaxinaba co seu traballo nunha orchatería. Na década de 1970 saltou á fama á fronte do grupo de música folk Els Pavesos, unha formación satírica con espírito crítico que recuperaba cancións do folclore valenciano. Máis tarde actuou en espectáculos de revista, comedias e en máis dunha vintena de películas. Traballou con directores como Vicent Escrivà (El virgo de Vicenteta, 1979), Carles Mira (Daniya, jardí de l'harem, 1988; Jalea real, 1981), Toni Canet (Amanece como puedas, 1988), Luis García Berlanga (Moros y cristianos, 1987) e Ventura Pons (La rossa del bar, 1986; Puta misèria!, 1989). Nos anos oitenta participa no primeiro programa de radio en valenciano, De dalt a baix, en Radiocadena Española.

No ano 1989, cando se iniciaban as emisións de Televisió Valenciana, a dirección da entidade pública encarga a Joan Monleon a presentación dun programa de variedades en Canal 9, El Show de Joan Monleon. O espazo, que combinaba o xénero do concurso e mais outros, como a entrevista ou o talk show, con elementos da cultura popular valenciana, converteuse axiña nun mito da televisión no País Valenciano. O programa se mantivo do 1989 até ao 1992 e converteu o de Monleon nun dos rostros máis populares da incipiente canle autonómica. Nesta cadea presentou tamén os programas El món de Monleon (1994) e Fem un pacte, que se emitiu no 1996.

Despois, Monleon volveu á radio (Ràdio 9) e continuou realizando colaboracións en obras de teatro e nunha película (Rencor, 2002, de Miguel Albaladejo), e tamén algunhas aparicións puntuais na televisión, como o programa Dora,Dora, presentou na Televisión Española no ano 1994. Máis tarde retirouse do mundo do espectáculo. No 2008 foi homenaxeado no Festival de Cine en Valenciano Inquiet de Picassent pola súa achega cultural.

Morreu na mañá do 28 de decembro de 2009 no Hospital 9 de Octubre de Valencia, dunha afección cardíaca.

Filmografía El virgo de Vicenteta (1979) Vicenteta, esta-te queta (1979) El vicari d'Olot (1980) Jalea real (1980) Con el culo al aire (1980) Las aventuras de Zipi y Zape (1981) Los pornoaficionados (1982) El fascista, doña Pura y el follón de la escultura (1983) Un genio en apuros (1983) La gran quiniela (1984) Un, dos, tres... ensaïmades i res més (1985) La rossa del bar (1985) Moros y cristianos (1987) Daniya, jardí de l'harem (1988) Amanece como puedas (1988) Puta misèria! (1989) Rencor (2002)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Cantantes de España Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade Valenciana Categoría:Personalidades da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2009