Adam and the Ants foi unha banda inglesa de post-punk formada en Londres e activa entre os anos 1977 e 1982. Foi un dos grupos que no seu tempo marcaron a transición da época punk rock dos 70 cara a época do New Wave/post-punk.

O grupo tivo dúas encarnacións, ámbalas dúas lideradas por Adam Ant. A primeira, fundada en maio de 1977 e coñecida sinxelamente como The Ants ata novembro dese ano, acadou unha considerable popularidade de culto durante a transición entre a era punk rock e a post-punk e new wave, destacando polas súas actuacións e cancións teatrais e abertamente sexualizadas. A derradeira formación desta encarnación (Dave Barbarossa, Matthew Ashman, e Leigh Gorman) deixou a banda en xaneiro de 1980 por suxestión do representante de facto Malcolm McLaren para formar Bow Wow Wow.

A segunda encarnación de Adam and the Ants contaba co guitarrista Marco Pirroni e o batería/produtor Chris Hughes, e destacou polo seu uso de ritmos de Burundi. Este grupo durou dende febreiro de 1980 ata marzo de 1982, conseguindo un grande éxito comercial no Reino Unido e no estranxeiro que continuou coa carreira en solitario do seu líder. Cos seus vídeos musicais sendo emitidos pola MTV e Ant aparecendo como VJ invitado na emisora, estaban asociados coa Segunda Invasión Británica.Kaye, Roger (31 de outubro de 1984). "Culture Club, Duran Duran, Police lead second invasion". Pittsburgh Press

Discografía Álbum Ano Selo Dirk Wears White Sox 1979 Do It Records Kings of the Wild Frontier 1980 Epic Records Prince Charming 1981 Epic Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais formados en 1977 Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello