O Estadio Municipal de El Plantío é o estadio de fútbol da cidade de Burgos. Neste estadio disputa os partidos o equipo da cidade, o Burgos CF. Tamén é sede do Real Burgos.
Historia Sitúase a escasos metros do río Arlanzón. Forma parte do complexo deportivo máis importante da cidade, xunto a outras instalacións deportivas como a praza de touros, as piscinas municipais e o polideportivo.
O estadio ten as seguintes localidades de asento: Fondo Norte Fondo Sur Tribuna Lateral
Ten unha capacidade de 12.200 espectadores unha vez suprimidas as localidades de pé e á dotación do estadio de asentos no verán de 1991. As dimensións son de 105 x 70, converténdose nun dos campos máis grandes en superficie de xogo de España; chegando as bancadas a pé de campo.
Foi estreado oficialmente o 13 de setembro de 1964 nun partido de liga ante o Indautxu, sendo o resultado de 2-0 para o equipo burgalés. En 1977 engadíronselle os fondos norte e sur e en 1987 reformáronse os baixos e os vestiarios.
Partidos internacionais O Estadio Municipal de El Plantío nunca albergou partidos da selección española absoluta, en cambio si que acolleu 3 partidos da selección española sub-21:
Partidos amigables
Partidos oficiais No estadio xogouse un partido de clasificación para a Eurocopa Sub-21 de 1998:
Véxase tamén Burgos Club de Fútbol Real Burgos Club de Fútbol
Plantío Categoría:Deporte en Burgos