O Camp Municipal Narcís Sala é un estadio de fútbol do barrio de Sant Andreu, en Barcelona, no que disputa os seus partidos como local a Unió Esportiva Sant Andreu. Ten unha capacidade de 6.570 espectadores e o terreo de xogo é de céspede artificial.
Precedentes É o campo da UE Sant Andreu desde o ano 1970 antes dese ano o equipo dispuxera dos seguintes estadios:
Camp del Carrer Santa Coloma (1914-1969), situado nos mesmos terreos do actual Narcís Sala. Camp de les Medicines (1912-1925), situado preto da actual rúa Concepción Arenal. Can Tisó (1909-1914), situado cerca do barrio da Trinitat Vella.
Historia O estadio inaugurouse o 19 de marzo de 1970 e o primeiro partido perdeuno o UE Sant Andreu contra o FC Barcelona por 0-1. A iluminación artificial neste campo inauguróuse o 13 de abril de 1972 e desde o verán de 2005 o terreo de xogo é de herba artificial.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Imaxes históricas do estadio
Narcis Sala Categoría:Deporte en Barcelona