A historia da cidade de Nova York esténdese sobre varios séculos e comeza antes da chegada dos primeiros colonos no que é agora Manhattan, coa ocupación polas poboacións amerindias. Os pasos que levan Nova York á súa configuración actual, unha división en cinco distritos, Manhattan, Queens, Brooklyn, o Bronx e Staten Island, son do fin do século XIX e a primeira metade do século XX. Antes, a cidade tivo numerosas crises, é foi o teatro de diversos conflitos, pero consegue non obstante mellorar progresivamente a súa importancia, no punto de constituír hoxe a maior cidade dos Estados Unidos de América e unha das metrópoles máis importantes e máis dinámicas do mundo, tanto pola súa demografía como tamén por ser centro de decisión de primeiro nivel e capital mundial da banca e da Bolsa. Colonia holandesa : Nova Ámsterdan miniatura|Primeira poxa de escravos, 1655, por Howard Pyle.
A cidade de Nova York ten os seus inicios cando os holandeses elixen a illa de Manados, Manahata, Manahtoes ou Manhattos (Manhattan), que de todas estas maneiras era coñecida polos indios da rexión, como lugar para a capital da súa colonia de Nova Holanda .
O primeiro paso era a construción dun forte. Lévano a cabo en 1624, na punta meridional da illa, e chámanlle Fort Amsterdam. Naturalmente, o poboamento que medrou ao seu carón recibiu o nome de Nova Ámsterdan (Nieuw Amsterdam). Corría o ano 1626. .
Nova Ámsterdan foi deseñada segundo o modelo da súa metrópole europea, con peirao no río do leste (East River), e canais. Tamén había muíños de vento e unha rúa máis ancha (Broadway) que levaba do forte ao norte da illa saíndo fóra da muralla (Wall Street) . Así era a cidade cando foi traspasada ao poder dos ingleses en 1664 ,.
Colonia inglesa thumb|A estatua do rei Xurxo III de Inglaterra foi retirada en 1776. Inmediatamente despois de conquistada, os ingleses renoméana Nova York polo duque homónimo. A cidade esténdese cara ao norte superando a muralla, que é derrubada. Nova York en 1730)
O 9 de xullo de 1776, o axudante de George Washington leu a Declaración de Independencia dos Estados Unidos ás súas tropas e aos cidadáns de Nova York, que máis tarde irrumpiron en Bowling Green, onde se erguía unha estatua do rei Xurxo III, logo procederon a atar cordas á estatua e arrincarona do seu pedestal, enviando os seus restos a Litchfield, Connecticut, onde a maior parte do chumbo da estatua se converteu en 42 000 balas de mosquete para o Exército Continental. No proceso, serraron os remates na parte superior da valla que se construíu ao longo do perímetro de Bowling Green para protexer a estatua que representaba o símbolo real dunha coroa. A valla permanece en pé ata o día de hoxe e as marcas irregulares onde adoitaban estar os remates da coroa están presentes.
Así se mantén sen grandes cambios ata a revolución e independencia dos Estados Unidos de América, dos que foi capital por un breve tempo Nova York en 1776.
O gran plan de 1811 240px|dereita|miniatura|Nova York en 1848 Coa expansión da fronteira cara ao oeste e a apertura do canal do Erie que abría a rexión dos Grandes Lagos en 1825, a chegada de inmigrantes vai ser progresivamente maior no século XIX, sendo a cidade o principal porto de arribada. O crecemento será espectacular. Para isto, prepárase un plano de expansión, visionario segundo algúns, pero que marcará definitivamente a forma da cidade: trátase do plan de 1807-11, unha retícula superposta á illa de Manhattan conformada por once avenidas na dirección norte-sur e máis de 15O rúas (street) que corren de leste a oeste . Nel, apúntase xa a idea da reserva dun espazo aberto no centro da malla que se converterá co tempo no famoso Central Park (1853-71) . Unión dos cinco boroughs: Gran Nova York (1898) miniatura|Nova York desde o edificio Empire State|240x240px Dende a súa chegada, os holandeses fixeron outras fundacións ademais de Nova Ámsterdan (vg. Brookland, o actual Brooklyn), de tal maneira que para a metade do XIX os arredores da illa de Manhattan estaban xa moi poboados. Fíxose necesario a súa unión mediante pontes. Foi así como comezou a construción da Ponte de Brooklyn (1870-1883), verdadeira obra colosal na súa época (a maior ponte colgante do mundo), sendo alcalde William M. Tweed. Esa unión arrastrou consigo a administrativa e no 1898 creouse o Gran Nova York pola inclusión dos coñecidos cinco barrios (boroughs): Manhattan, Brooklyn e Queens en Long Island á outra beira do East River, Bronx no continente ao norte tras o pequeno Harlem River e Staten Island ao sur da baía . A cidade era xa unha puxante metrópole de tres millóns e medio de habitantes. De seguido comezou a construción de máis pontes que uniran as súas partes (Williamsburg en 1903, Manhattan e Queensboro en 1909) .
Aínda que a cidade na que apareceu o rañaceos contra 1880 como tipoloxía arquitectónica sexa Chicago, Nova York é sen dúbida a "cidade dos rañaceos". De seguido construíronse na cidade, un tras outro, os edificios máis altos do mundo. A década gloriosa para o tipo foi a dos trinta coa icona por antonomasia de todos eles, o Empire State Building. Notas
Véxase tamén
Bibliografía François Weil, Histoire de New York, París, editor Fayard, 2005, ISBN 2-213-61856-9. Síntese polo director do Centro de estudos norte-americanos (CNRS-EHESS). | Eric Homberger, The Historical Atlas of New York City' (a visual celebration of 400 years of New York City's History), editor Owl Books, 2005, ISBN 978-0-8050-7842-8. New York da colección Guide Vert, editor Michelin, 2000. Outros artigos Nova Ámsterdan Long Island Quinta Avenida
Categoría:Historia dos Estados Unidos de América Categoría:Nova York Categoría:Historia por cidade