Country & Western é o décimo terceiro álbum de estudio da banda viguesa Siniestro Total, editado o 14 de setembro do ano 2010. O son xeral do álbum tende cara ao blues rock, aínda que inclúe temas cunha sonoridade hard rock, semellante á dos seus traballos de mediados dos 90 Made in Japan e Policlínico miserable.

Os temas "Quen me dera na casiña", "Sé", "Fariseos del Rock'n'roll" e "La Paz Mundial" comezaron a gravarse en maio do 2009 nos estudios Casa de Tolos do ex-baixista da banda Segundo Grandío, e completáronse en Houston. Realizáronse tamén gravacións adicionais nos estudios Comber Road Studios, Son Animal e Colon Cleaner de Vigo e en Baterías Taponadas en Cambre.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Siniestro Total Categoría:Álbums musicais de 2010