miniatura|Representación medieval de Olavo II Olavo Haraldsson, tamén coñecido como santo Olavo, nado en 995 e finado en 1030, foi rei de Noruega dende 1015 ata 1028.

Traxectoria De orixe viquinga, converteuse ao cristianismo na cidade de Ruán (Francia) e estivo ao servizo do rei exilado Ethelred II de Inglaterra.

Regresou a Noruega no ano 1015. Por ser descendente do rei Harold I de Noruega, foi recoñecido rapidamente como rei, rexeitando aos nobres que exercían o poder no reino. Introduciu unha administración central forte, completou a conversión, iniciada por Olavo I de Noruega, dos noruegueses e ergueu igrexas por todo o territorio. É o patrón de Noruega e un dos poucos santos de orixe norueguesa recoñecidos pola Igrexa católica.

Casado cunha filla de Iaroslav I de Kíiv, tiveron un fillo, Magno I de Noruega, futuro rei da Noruega e Dinamarca.

Notas

Categoría:Reis de Noruega Categoría:Nados en 995 Categoría:Finados en 1030