Xosé Iglesias Roura, nado no Porto do Son o 28 de abril de 1879 e finado en Mera (Oleiros) o 27 de setembro de 1930, foi un avogado, político, tradutor e escritor galego.

Traxectoria Foi concelleiro na CoruñaGiadás Álvarez, Luis Antonio (1997): La vida política municipal en La Coruña entre 1900 y 1931. Sada: Ediciós do Castro. Páxina 184., fundador e tesoureiro das Irmandades da Fala, director d'A Nosa Terra, académico non numerario da Real Academia Galega e director artístico do coro Cántigas da Terra.

Como tradutor Iglesias Roura foi un tradutor prolífico nunha época, a das Irmandades da Fala, en que a tradución ao galego aínda era pouco frecuente pero estaba considerada polos sectores nacionalistas como unha necesidade do sistema literario galego. Os resultados do seu labor foron publicados na prensa, especialmente n'A Nosa Terra, da que foi primeiro director e na que se mantiña unha sección fixa chamada "Traduciós".Noia, Camiño (2004): «El ámbito de la cultura gallega» (en castelán, PDF), en Francisco Lafarga e Luis Pegenaute (eds.): Historia de la Traducción en España. Salamanca: Editorial Ambos Mundos. Páxinas 750-759. ISBN 84-7455-101-3. Consultado o 08/10/2010.

Entre as diversas traducións da autoría de Iglesias Roura, constan as de poemas cataláns como "L’himne a l’arbre fruiter" e "La vaca cega", de Joan Maragall.

Como escritor Malia que a súa obra non foi compilada, senón que se mantén dispersa en publicacións periódicas e outros soportes, Iglesias Roura tamén foi poeta e dramaturgo en lingua galega.

Notas

Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Concelleiros da Coruña