miniatura|dereita|William Gibson, autor ligado ao ciberpunk. Ciberpunk (do ) é un subxénero da ciencia ficción, coñecido por centrarse na "alta tecnoloxía e o baixo nivel de vida". Así, toma o seu nome da combinación de cibernética e punk. Mestura ciencia avanzada, como as tecnoloxías da información e a cibernética, xunto con algún grao de desintegración ou cambio radical na orde social. De acordo con Lawrence Person:
As obras de ciberpunk ocorren nun futuro distópico. Nelas aparecen unha serie de tecnoloxías futuristas e logros científicos, entre os que se inclúen a intelixencia artificial e o cyberware, mesturados con sociedades en colapso, distópicas ou en decadencia. Unha parte importante do ciberpunk ten a súa orixe na chamada nova vaga da ciencia ficción das décadas de 1960 e 1970. Durante este período, importantes escritores como Philip K. Dick, Michael Moorcock, Roger Zelazny, John Brunner, J. G. Ballard, Phillip José Farmer e Harlan Ellison exploraron o impacto da tecnoloxía, a cultura das drogas e da revolución sexual. Estes autores afastáronse das tendencias utópicas predominantes na ciencia ficción anterior.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas The Cyberpunk Project
Categoría:Ciencia ficción