Cazuín é un lugar da parroquia de Feás no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 7 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 4 eran homes e 3 eran mulleres.
Historia Existen referencias documentais sobre o lugar de Cazuín dende 1206, como recolle un documento do mosteiro de Sobrado dos Monxes, que cita: "in Benadi et in Fenaes et in Guistrimir et in Sancto Petro de Cazuin et in Francimir"Costa, M. (2 maio, 2009). Castromil e Cristimil [Web Blog Post]. Recuperado de http://frornarea.blogspot.com.es/2009/05/castromil-e-cristimil.html. Ao ir acompañado o nome de Cazuín do dun santo ("Sancto Petro") que corresponde coa actual advocación parroquial (San Pedro de Feás), pode deducirse que nese momento a sé parroquial estaba localizada alí e non en Feás, coma na actualidade, xa que, ademais, o nome destoutro lugar non aparece acompañado de ningún haxiónimo.
Cazuín na cultura popular Na miña vida tal vin, / na feira de Cazuín, / unha cabra cunha roca / e un castrón cun violín.
Lugares e parroquias
Lugares de Feás
Parroquias de Aranga
Notas
Categoría:Lugares de Aranga