Os novos (título orixinal en inglés: The Young Ones) é unha comedia de situación británica escrita por Rik Mayall, Ben Elton e Lise Mayer, e protagonizada por Adrian Edmondson, Mayall, Nigel Planer, Christopher Ryan e Alexei Sayle, que se emitiu por primeira vez na BBC Two en dúas tempadas en 1982 e 1984. O seu humorismo anárquico e inconformista axudou a desenvolver a comedia alternativa na televisión da década de 1980 e converteu en coñecidos aos seus actores e guionistas. Foi traducida ao galego por Lois Pereiro na súa primeira dobraxe, e por María Alonso na segunda emitida na TVG.

Características Os protagonistas principais son catro estudantes que comparten unha casa, un violento fan do metal punk Vyvyan, interpretado por Adrian Edmondso, o fachendoso anarquista Rick (Rik Mayall), o hippy Neil (Nigel Planer) e o sofisticado Mike (Christopher Ryan). Tamén intervén Alexei Sayle, interpretando o caseiro, Jerzy Balowski, e outros membros da familia Balowski. Ambientada no norte de Londres, aínda que a maioría dos exteriores se gravaron en Bristol. Cada episodio incluía un segmento musical no que actuaban na casa ou na rúa grupos convidados.

Na serie combínase o estilo tradicional dunha comedia de situación co slapstick violento, o absurdo e o surrealismo mesturados con estereotipos das clases traballadores e baixas británicas.

Capítulos Primeira tempada Demolición Petróleo Aburrimento A bomba Interesante Asolagamento

Segunda tempada Bambi Efectivo Noxento Tempo Doentes Vacacións de verán

Categoría:Series de televisión da BBC Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Series de televisión en lingua inglesa