Agustí Bartra i Lleonart, nado en Barcelona o 8 de novembro de 1908 e finado en Terrassa en 1982, foi un escritor e profesor universitario catalán. Cultivou a poesía, novela, teatro e tradución en lingua catalá.
Traxectoria Naceu en Barcelona, descendente dunha familia labrega, e pasou parte da súa infancia en Sabadell. Ao regresar a Barcelona coa súa familia, entrou a traballar no sector téxtil. En 1934 gañou un concurso de contos sociais, e pouco despois comezou a colaborar en Amic e MeridiàCorpus Literari de Agustí Bartra , en JoanDucros.net ..
Participou na guerra civil española co bando republicano, e exíliase a comezos de 1939. Estivo nos campos de refuxiados de Sant Cebrià, Argelers e Agde, antes de chegar a Roissy-en Brie (París), onde coñece a escritora Anna Murià, tamén exiliada, coa que casou e tivo dous fillos. En 1940 embarcan cara á República Dominicana, e despois marchan a Cuba e México, onde fixan o seu domicilio e funda a revista Lletres (1944-1947). Tivo longas estancias nos EUA, especialmente entre 1949-1950, 1960 e 1963, sendo nomenado en 1969 catedrático de poesia hispanoamericana na Universidade de Maryland.
En 1970 regresa a Cataluña, establecéndose en Terrassa. En 1973 foi galardoado co Premio Carles Riba de poesía pola súa obra Els himnes, e en 1981 a Generalitat de Cataluña concedeulle a coa Creu de Sant Jordi. En 1982 recibiu o Premio da Crítica de poesía catalá por Haikús d'Arinsal.
Obra Entre a súa obra destaca a novela Crist de 200 000 braços (Cristo de 200 000 brazos, 1968) onde relata a aventura colectiva nos campos de concentración, e o libro de poemas Ecce homo (1968), onde reflicte a cosmoloxía particular do autor, os catro elementos clásicos: terra, lume, aire e auga.
Tradicionalmente, a poesía de Bartra foi relacionada coa do notable autor norteamericano Walt Whitman. Non obstante, tamén cabe destacar a influencia que os poetas románticos alemáns como Novalis, Hölderlin e Rilke, exerceron sobre el.
L'oasi perdut (1937) Cant corporal (1938) Xabola (1942) L'estel sobre el mur (1942) Oda a Catalunya des dels tròpics (1944) L'arbre de foc (1946) Màrsias i Adila (1948) Rèquiem (1948) Oda Atlàntica (1951) Una antologia de la lírica nord-americana (1951) Odissea (1953) L'evangeli del vent (1956) Quetzalcòatl (1960) Deméter (1961)
Ecce homo (1964) Crist de 200 000 braços (1968) La lluna mor amb aigua (1968) Dodo (1970) Obra poètica completa (1971) Poemes del retorn (1972) Els himnes (1974) El gos geomètric (1979) Haikús d'Arinsal (1981)
e a triloxía de Soleia:
Rapsòdia de Garí (1972) Rapsòdia d'Arnau (1974) Rapsòdia d'Ahab (1976)
Notas
Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Finados en 1982 Categoría:Poetas de Cataluña Categoría:Poetas en lingua catalá Categoría:Premio Creu de Sant Jordi