Suso Díaz Seoane, nado en Suíza o 15 de xullo de 1971 e finado en Ourense o 12 de outubro de 2010, foi un actor, escenógrafo, iluminador, deseñador gráfico, director e autor teatral galego.
Traxectoria Suso Díaz estivo vinculado a Sarabela Teatro dende 1988 ata o seu falecemento, e con este grupo de Ourense desempeñou diversos labores teatrais, pero fundamentalmente os de escenógrafo, iluminador, actor e deseñador gráfico. Colaborou tamén como docente na Aula Universitaria de Teatro de Ourense. Asemade contribuíu á organización da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) e a Mostra de Teatro Infantil (MOTI), desenvolvidas por Sarabela Teatro en Ourense.
En 2006 cofundou a compañía La Imagina Machina, coa que dirixiu montaxes como A viaxe de Efi (2006), que el mesmo escribira, e Ubú Rei, de Alfred Jarry (2008)La Imagina Machina escenifica una farsa sobre los dramas shakesperianos en clave musical, La Voz de Galicia, 10/9/2008.
O 10 de novembro de 2011 organizouse o SuFestival, no Teatro Principal de Ourense, onde medio cento de artistas se reuniran para homenaxear a Suso Díaz no cabodano do seu falecemento.
Montaxes 1989. Xacobe ou a submisión, de E. Ionesco (actor) 1990. Super-tot, de Benet i Jornet (actor) 1990. Madame de Sade, de Mishima (actor) 1992. Leoncio e Lena, de Büchner. (actor, na montaxe do CDG) 1993. Xacobe e o seu amo, de Milan Kundera 1994. Cama 2 por 2 para 2, de Sergi Belbel (actor) 1996. A esmorga de Eduardo Blanco Amor (actor; como Bocas) 1997. Afección, de B. Muñoz, A.Cuña Bóveda, C. Couceiro e F. Dacosta (actor) 1998. Tics. de B. Muñoz, A.Cuña Bóveda, C. Couceiro e F. Dacosta (actor) 1999. Os soños de Caín. de B. Muñoz, A.Cuña Bóveda, C. Couceiro e F. Dacosta (actor) 1999. Romance de Micomicón e Adhelala, de Eduardo Blanco Amor (actor; como Micomicón) 2000. O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (iluminador, actor; como o doutor Daniel da Barca) 2001. Sexismunda, versión de La vida es sueño, de Pedro Calderón de la Barca (actor, escenógrafo, iluminador) 2001. A illa amarela, de Paloma Pedrero (escenógrafo) 2002. A conxura dos necios, dramaturxia A. Cuña Bóveda 2003. Así que pasen cinco anos, de Federico García Lorca (actor, escenógrafo, iluminador) 2004. Caricias, de Sergi Belbel (escenógrafo) 2004. A gata con botas, adaptación do conto de Charles Perrault (escenógrafo) 2005. O heroe, de Manuel Rivas (actor, escenógrafo, iluminador) 2006. Macbeth, de William Shakespeare (actor, iluminador) 2006. A viaxe de Efi de Suso Díaz (autor, director, escenógrafo, iluminador) 2007. Margar no pazo do tempo, de Ánxeles Cuña (actor, escenógrafo, iluminador) 2007. Ubú Rei, de Alfred Jarry (director, escenógrafo, iluminador) 2008. Dame veleno, de A.Cuña Bóveda 2009. A Esmorga, de E. Blanco Amor (actor; como Bocas) 2010. Konrad, de A.Cuña Bóveda 2010. O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro (actor, iluminador; faleceu no transcurso das súas representacións).
Galardóns Obtivo 7 premios María Casares: Mellor iluminación pol'O lapis do carpinteiro. Mellor iluminación por Sexismunda. Mellor iluminación polA esmorga. Mellor escenografía por Así que pasen cinco anos. Mellor escenografía pol'''O heroe (dentro do colectivo La Faust und Volk). Mellor escenografía polA esmorga. Mellor iluminación por O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca'', recibido de forma póstuma en 2011.
Vida persoal Non se fixeron públicas as causas da súa morteAchan morto no seu domicilio en Ourense o actor Suso Díaz , Xornal de Galicia, 13/10/2010.. Foi soterrado no camposanto de Pazos de San Clodio, en San Cibrao das Viñas. Instalouse a súa capela ardente no Auditorio de Ourense.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores de Galicia Categoría:Galegos de Suíza Categoría:Premios María Casares Categoría:Nados en 1971 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en Suíza Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes