Weezer (alcumado como The Red Album, pola cor da súa capa) é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 3 de xuño do 2008. Ao igual que o primeiro traballo do grupo, os outros membros da banda contribuíron coas súas composicións (no resto dos discos Rivers Cuomo foi o principal compositor e vocalista). Este é o primeiro álbum de Weezer que inclúe voces de todos os membros da banda.

O vídeo do primeiro sinxelo do álbum, "Pork and Beans", converteuse no máis visto en Internet a semana seguinte ao seu lanzamento. As vendas de Weezer foron menores que as do seu predecesor, Make Believe, vendendo 200.000 copias menos no mesmo período de tempo.

Listaxe de cancións "Troublemaker" - 2:44 "The Greatest Man That Ever Lived (Variations on a Shaker Hymn)" - 5:52 "Pork and Beans" - 3:09 "Heart Songs" - 4:06 "Everybody Get Dangerous" - 4:03 "Dreamin'" - 5:12 "Thought I Knew" - 3:01 "Cold Dark World" - 3:51 "Automatic" - 3:07 "The Angel and the One" - 6:46

Notas

Categoría:Álbums de Weezer Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums producidos por Jacknife Lee Categoría:Álbums producidos por Rick Rubin