Manuel Anxo Laxe Freire, nado en Duarría, Castro de Rei o 12 de decembro de 1944 e finado en 2006Ficha de Manuel Anxo Laxe Freire en galegos.info Consultado o 3 de setembro de 2010, foi un escritor e tradutor galego.

Traxectoria Criado no seo dunha longa familia troncal chairega, cursou a carreira de Maxisterio en Lugo. Aos 21 anos aprobou as oposicións de Maxisterio, exercendo como profesor en distintas aldeas de Galicia. Posteriormente licenciouse en Filoloxía Románica e Filoloxía Inglesa. Desde 1971 foi profesor de inglés nun centro de ensino secundario da Coruña.

Obra Narrativa Loita e morte, 1986, Xerais (novela). Semente de onte, 1994, Vía Láctea (novela). Xogos serodios, 2003, Edicións Lea (novela).

Traducións Billy Budd, de Herman Melville, 1985, Colección Xabarín, Xerais. Outra volta á torniqueta, de Henry James, 1989, Edicións do Cumio. Retrato do artista como cadelo (The Portrait of the Artist as a Young Dog), de Dylan Thomas, 1992, Xerais.

Notas

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes