Venres Show foi un programa de variedades da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada entre 1987 e 1989. Desenvolvemento Programado para o venres pola noite combinaba as actuacións musicais, espectáculos de maxia e humor coas entrevistas, na primeira tempada gravábase na discoteca de Vigo Nova Olimpia dirixido por Pedro Pablo Gutiérrez e presentado por Begoña Fontenla e Esteban Plarza, na segunda tempada gravábase na Coruña dirixido por Fernando Navarrete e presentado por Pemón Bouzas. Noite de estrelas A partir do 12 de outubro de 1989 o programa cambiou de nome pasando a denominarse Noite de estrelas ao cambiar o día de emisión para o xoves pero o formato, o presentador e o lugar de gravación continuou a ser o mesmo da última tempada de Venres Show. Véxase tamén Ligazóns externas Venres Show
Categoría:Programas de entretemento da TVG