A gastronomía de Italia é unha das principais gastronomías mundiais. A cociña italiana caracterízase pola variedade de produtos utilizados así como por unha gran diversidade rexional. Terra gastronómica por excelencia, Italia é o berce da cociña europea e mediterránea. Os mercados medievais das cidades e vilas transalpinas son o lugar de nacemento da actual cociña italiana debido á converxencia de dous factores: a chegada á cidade dunha serie de produtos agrícolas do contorno rural para ser vendidos nos mercados e a bonanza económica na que viven as elites locais, que lles permite beneficiarse destes produtos e combinalos elaborando novos pratos. Estes serán bautizados na maior parte dos casos co nome da vila onde foron creados. miniatura|300px|dereita|Delicias da gastronomía italiana.

A cociña cotiá A cociña é un elemento importante na maneira de vivir dos italianos, que reflicte sobre todo a cultura rural, pero aínda máis a familiar, ou incluso a materna.

Os italianos teñen unha visión íntima e concreta da súa cociña. Non é tan importante a complexidade ou o virtuosismo dunha "alta cociña" como a calidade e precisión ou o bo facer diarios. Un prato debe ser como é, respectando as tradicións. O parmesano relado, o sal, a pementa, o limón, o aceite de oliva, non están permitidos en calquera prato. Falando dos viños, bébese tinto ou branco, dependendo do prato que se estea a degustar (se é carne, tinto, se é peixe, branco). Na cociña italiana non se aprecia demasiado o exótico, os gustos fortes, as grandes porcións, ou as carnes vermellas, xa que se valora máis a combinación sutil de gustos orixinais, sen excesos nin complexidades inútiles.

As cociñas rexionais en Italia

Cociña abruzzesa Cociña calabresa Cociña campana Cociña emiliana Cociña do Friuli-Venezia-Giulia Cociña do Lacio Cociña lígure Cociña lombarda Cociña lucana Cociña marchigiana Cociña molisana Cociña piemontese Cociña pugliese Cociña romagnola Cociña sarda Cociña siciliana Cociña toscana Cociña do Trentino-Alto Adige Cociña umbra Cociña valdostana Cociña veneta

Notas

Categoría:Gastronomía de Italia