Ramón Breijo Cajareville, nado en Vigo o 15 de agosto de 1915 e finado o 20 de abril de 1988, foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Combateu na guerra civil, recibindo metralla nunha perna, o que non impediu que continuase a súa carreira como futbolista.

Na tempada 1941–42 formou parte do equipo do Deportivo da Coruña que debutou en Primeira División. A súa estrea produciuse na xornada 11, da man do adestrador galego Celso Mariño, nun empate a domicilio contra o Atlético Aviación (0–0). Esa campaña xogou 4 partidos, non sendo un habitual do mediocampo, relegado á suplencia xunto a xogadores como Ramón Mayoral, Molaza, Hilario Marrero ou Fernando Quintas. Os centrocampistas habituais nesa temporada foron Reboredo, Muntaner, Bienzobas e Guimeráns.

Na campaña seguinte participou nun único partido.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña