Turn On the Bright Lights é o álbum de estrea da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, editado o 19 de agosto do 2002 no Reino Unido e o día seguinte nos Estados Unidos a través do selo independente Matador Records. O álbum acadou o posto 101 na lista británica de álbums, e o número 158 na Billboard 200 estadounidense, pasando tamén 73 semanas na Billboard Independent Albums, onde chegou ao quinto posto.
A páxina web Rockfeedback situouno no posto 23 da súa lista dos mellores álbums da décadaMellores álbums da década dos 2000 segundo Rockfeedback.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos Interpol.
"Untitled" – 3:56 "Obstacle 1" – 4:11 "NYC" – 4:20 "PDA" – 4:59 "Say Hello to the Angels" – 4:28 "Hands Away" – 3:05 "Obstacle 2" – 3:47 "Stella Was a Diver and She Was Always Down" – 6:28 "Roland" – 3:35 "The New" – 6:07 "Leif Erikson" – 4:00
Notas
Categoría:Álbums de Interpol Categoría:Álbums musicais de 2002 Categoría:Álbums de Matador Records