O Karbo Deportivo foi un club de fútbol feminino galego da cidade da Coruña. Fundado en 1968 como Karbo Club de Fútbol, inicialmente era un club independente. Na metade da tempada 1983/84 o Deportivo da Coruña fíxose cargo del e mudou o seu nome polo de Karbo Deportivo. Constituíuse así historicamente a primeira sección de fútbol feminino da entidade branquiazul. Durante a década de 1980 foi o equipo referente do fútbol feminino en España. Desapareceu en 1988 por problemas económicos.
Historia O Karbo Club de Fútbol naceu en 1968 no seo da Academia Karbo, un colexio do barrio coruñés dos Mallos, tendo en José Mañana o seu principal impulsor.El Karbo, pioneras también en Riazor La Opinion A Coruña. 3 de febreiro de 2020 Durante a súa primeira etapa o equipo xogou torneos amigables e oficiosos, xa que a Real Federación Española de Fútbol non incorporou o fútbol feminino ata 1980.La federación proyectará el fútbol femenino cuando conozca sus afiliadas El País. 23 de outubro de 1980
En 1981 o club foi convidado á inauguración do campo de fútbol da Laracha e gañou a un equipo masculino de veteranos por 2-0. Para o mes de maio dese ano o club solicitou utilizar o estadio de Riazor para xogar un trofeo fronte ao Boavista, pero foilles denegado. O club mandou un escrito ao concello da Coruña, que respondeu que debería abonar 50.000 pesetas por utilizar o estadio, mentres que a directiva do Deportivo da Coruña negouse a ceder o estadio porque “podería supoñer un precedente que obrigaría a ceder o estadio cantas veces fose solicitado”.
En xuño dese ano gañou a Copa Raíña Sofía, campionato de España oficioso organizado polo concello de Tarragona, enfrontándose na final ao Risco de Las Palmas por 2-1.Karbo, de La Coruña, primer campeón nacional EL País. 30 de xuño de 1981 Previamente gañara por goleada ao Ciudad Condal (4-0), Punta del Este (10-1) e Barcelona (3-0).Las reinas del fútbol ganan su copa La Voz de Galicia. 25 de maio de 2019 O club tivo que pagar a viaxe, xa que non recibiu ningún tipo de axuda federativa ou subvención institucional. As xogadoras tiveron que levar os equipamentos do Orzán SD e o Imperátor OAR como roupa de reposto.
Cinco xogadoras do Karbo entraron na primeira convocatoria oficial da selección feminina española de fútbol, que debutou en febreiro de 1983 nun encontro amigable fronte a Portugal. Elas foron Ángeles Olmo, Encarnación Pérez, Inma Castañón, Aurora Martínez e Lis Franco.
En 1983 a Real Federación Española de Fútbol organizou a primeira edición oficial da Copa da Raíña de fútbol, da que o Karbo C.F. resultou campión tras gañar na final disputada en Xetafe o 22 de maio de 1983 ao Porvenir por 4-1.Chío de Manu Sainz coa crónica do diario As
En novembro de 1983 producíronse conversas entre o entón presidente do Deportivo da Coruña, Jesús Corzo Sierra, e os propietarios do colexio Karbo, Ramón Carrasco e Mary Carmen Borrego, que desembocarían nun acordo polo cal o Deportivo se faría cargo do Karbo. Así mesmo, o club branquiazul decidiu respectar o nome Karbo e engadiulle o de Deportivo, ficando así o nome como Karbo Deportivo. A absorción tivo lugar o 2 de xaneiro de 1984. A partir de entón o equipo comezaría a empregar a camisola branquiazul co escudo do Deportivo, e disputaría os encontros como local alternativamente entre o campo de Elviña, o de Vilaboa e o estadio de Riazor —no que chegou a rexistrar entradas de 4.000 espectadores—.
O equipo gañou dúas Copas da Raíña máis, en 1984 e 1985. Na final de 1984, xogada a dobre partido, derrotou o Añorga, gañando 4-2 en Riazor e perdendo 2-1 en Donostia, adxudicándose a Copa por un global de 5-4. En 1985 gañou por penaltis a final a partido único disputada en Riazor contra Barcilona, tras finalizar con empate 2-2.
O Karbo Deportivo foi a base da selección galega que gañou o campionato de España en 1985. Entre as tempadas 1982/83 e 1986/87, o Karbo gañou con facilidade o campionato de Galicia organizado pola Federación Galega de Fútbol, disputado en forma de liga e que daba a clasificación para a Copa da Raíña. Na tempada 1984/85 mesmo o chegou a gañar sen recibir un só gol en contra. En 1987 gañou tamén a Copa Federación Galega de Fútbol ao vencer 5-0 ao Celta.
O Karbo Deportivo deixou de existir en 1988 por problemas económicos, deixando o Deportivo da Coruña sen equipo feminino ata o ano 2016, cando volveu contar cunha sección de fútbol feminino,El equipo femenino del Dépor nacerá con la estructura del Orzán La Voz de Galicia. 25 de febreiro de 2016Deportivo y Orzán presentan el nuevo equipo femenino blanquiazul, que arrancará la próxima temporada rcdeportivo.es chamada oficialmente Real Club Deportivo ABANCAFicha do equipo na web da Real Federación Galega de Fútbol Consultado o 30 de setembro de 2020Datos do equipo na web da Real Federación Española de Fútbol Consultado o 30 de setembro de 2020 por razóns de patrocinio.El Dépor y ABANCA se unen para impulsar el fútbol femenino rcdeportivo.es
Xogadoras Xogadoras famosas Lis Franco Pilar Neira Inma Castañón
Adestradores José Mañana Quinocho
Palmarés Copa Raíña Sofía (1): 1981 Copa da Raíña (3): 1983, 1984, 1985 Liga galega (5): 1982/83, 1983/84, 1984/85, 1985/86, 1986/87 Copa Federación Galega de Fútbol (1): 1986/87
Notas
Véxase tamén
Categoría:Equipos de fútbol feminino de Galicia Categoría:Equipos de fútbol da Coruña Categoría:Equipos de fútbol de Galicia desaparecidos Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes