José Ramón Marín Gutiérrez, máis coñecido polo pseudónimo Ramón Sijé, nado en Orihuela, Alacant, o 16 de novembro de 1913 e finado tamén en Orihuela o 24 de decembro de 1935, foi un escritor español.
Traxectoria Estudou bacharelato nos xesuítas e Dereito en Murcia. Amigo dende a infancia do poeta Miguel Hernández, cofundou as revistas Voluntad e El Gallo Crisis. Tamén escribiu un ensaio de carácter antirromántico, La decadencia de la flauta y el reinado de los fantasmas.
O seu falecemento, a causa dunha septicemia, inspirou a Miguel Hernández un dos seus poemas máis coñecidos, Elegía, publicado no seu libro El rayo que no cesa, musicado posteriormente por Joan Manuel SerratVídeo en Youtube..
Véxase tamén Ligazóns externas Elegía , poema de Miguel Hernández en lembranza de Ramón Sijé.
Notas .
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana