Delonte Maurice West, nado o 26 de xullo de 1983 en Washington, D.C., é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da NBA. Xogou coa Universidade de saint Joseph na Liga Universitaria e na liga profeisonal, foi escollido no draft polo Boston Celtics e despois xogou con outros equipos como Seattle SuperSonics, Cleveland Cavaliers e Dallas Mavericks. Máis tarde pasou pola liga chinesa cos Fujian Xunxing e Shanghai Sharks para rematar a súa carreira profesional cos Texas Legends na D League.

Mide 1,96 e xogaba de escolta.

Traxectoria

Traxectoria deportiva Despuntou no Instituto onde conseguiu varios títulos de Player of the Year (en galego, Xogador do ano) e no baloncesto universitario tamén destacou ao formar con Jammer Nelson a mellor dupla de xogadores exteriores que conseguiron, en 2003, que o seu equipo, os Hawks, conseguiran unha temporada regular sen ninguha derrota.

Foi seleccionado polos Boston Celtics na posición 24 do Draft da NBA de 2004. O seu primeiro ano foi difícil, xa que sufriu de continuas lesións, xogando un total de 39 partidos en toda a tempada. Fixo unha media de 4,5 puntos por partido.

No ano 2006 participou no equipo dos Sophomores do All-Star. Non foi previamente seleccionado, pero entrou no equipo a última hora tras a lesión do seu antigo compañeiro Jameer Nelson. O 21 de febreiro de 2008 foi traspasado dende os Seattle SuperSonics aos Cleveland Cavaliers xunto a Wally Szczerbiak a cambio de Ira Newble e Donyell Marshall. En agosto de 2010 foi traspasado aos Minnesota Timberwolves, mais unha semana despois dano de baixa, asinando un mes despois, o 1 de setembro, cos Boston Celtics.

West asinou cos Dallas Mavericks en decembro de 2011. Foi suspendido indefinidamente tras unha derrota en pretempada o 15 de outubro de 2012. Foi reincorporado ó equipo ó día seguinte, pero dez días máis tarde foi suspendido de novo pola mesma razón, tras outra derrota. Tres días máis tarde, o 29 de outubro de 2012, os Mavericks cortáronlle o contrato por problemas de disciplina. A seguir, marchou á China, onde xogou nos Fujian Xunxing e Shanghai Sharks; Venezuela, e finalmente, fichou polos Texas Legends, o equipo filial dos Mavericks na D-League.

Vida persoal Foi detipo pola policía en setembro de 2009, por mor dunha infracción de tráfico. Cando rexistraron o vehículo comprobaron que, dentro dunha funda de guitarra, escondía 3 armas: unha Beretta de 9mm, unha Ruger 357 e unha escopeta Remington 870. A sentenza puido ser de cárcere pero resolveuse cun arresto domiciliario e 40 horas de servizo á comunidade; a maiores, a NBA sancionouno con 10 partidos.

O 21 de xaneiro de 2020, anos despois de se reirar, apareceron uns vídeos onde recibía unha malleira en plena rúa onde vivía na indixencia tras ter malgastado varios millóns de dólares. Jammer Nelson, un dos xogadores con quen mantiña contacto, afirmou que dende 2009 sufría de trastorno bipolar e que rexeitaba calquera tipo de axuda. Varios ex compañeiros afirmaron, daquela, que o apoiarían, como LeBron James. Finalmente, tras varios meses sen recibir ningún tipo de axuda dos antigos compañeiros, foi Mark Cuban, empresario estadounidense e dono dos Mavericks de Dallas quen o sacou das rúas e pagou o tratamento de rehabilitación.

Estatísticas na súa carreira na NBA Lenda PXPartidos xogados PTPartidos de titularMPPMinutos por partido%TCPorcentaxe de tiros de campo%3PPorcentaxe de tiros de 3%TLPorcentaxe de tiros libresRPPRebotes por partidoAPPAsistencias por partidoROBRoubos de balón por partidoTPPTapóns por partidoPPPPuntos por partidoNegrasMáximo da súa carreira

Temporada regular TempadaEquipoPXPTMPP%TC%3P%TLRPPAPPROBTPPPPP2004-05Boston39713,042,635,870,41,71,40,50,24,52005-06Boston717134,148,738,585,14,14,61,20,611,82006-07Boston694732,242,736,585,33,04,41,10,512,22007-08Seattle35520,838,833,966,72,73,20,90,36,82007-08Cleveland262631,044,036,778,83,74,51,10,710,32008-09Cleveland646433,645,739,983,33,23,51,50,211,72009-10Cleveland60325,044,532,581,02,83,30,90,58,82010-11Boston24218,945,836,486,71,52,70,80,45.62011-12Dallas443324,146,135,588,62,33,21,30,29,6Total43225827,444,837,282,62,93,61,10,49,7

Playoffs TempadaEquipoPXPTMPP%TC%3P%TLRPPAPPROBTPPPPP2005Boston7316,452,445,550,01,30,61,00,14,12008Cleveland131334,840,042,985,43,34,21,10,510,82009Cleveland141442,246,533,383,33,54,11,40,513,82010Cleveland11024,541,815,893,81,92,60,80,96,72011Boston9018,946,836,880,01,91,30,60,06,62012Dallas4322,042,350,01001,82,00,80,07,5Total583329,044,236,184,72,52,81,00,39,1

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en NBA.com

Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Escoltas de baloncesto