Bjorn Hans-Erik Kihlberg Dixgård, nado o 8 de maio de 1981 en Falun, é o cantante e guitarrista da banda de garage rock sueca Mando Diao.

Dixgård compón gran parte das letras da banda e canta na metade dos temas. Toca unha Gibson Les Paul cun amplificador Marshall 70 Super Lead de 100 vatios. Dixgård foi quen bautizou a banda, e segundo declaracións dos seus membros ocorreuselle nun soño.

No outono do 2007 fixo unha xira en solitario por Europa onde tocou varias versións acústicas de Mando Diao.

Categoría:Guitarristas de Suecia Categoría:Cantantes de Suecia Categoría:Nados no condado de Dalarna Categoría:Nados en 1981