Francisco Miguel Fernández Díaz (noutras fontes Francisco Miguel Fernández Moratinos e mesmo Francisco Miguel Moratinos Fernández-Díaz), de nome artístico Francisco Miguel, nado na Coruña o 25 de setembro de 1897Inscrición na súa lápida: Francisco Miguel 25-IX-1897 29-IX-1936 e finado no Campo de Morgade, Queo de Arriba (Bértoa, Carballo), o 28 de setembro de 1936, foi un pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas.

Traxectoria Foi fillo ilexítimo de Román Moratinos Ventosa, industrial natural de Briones (A Rioxa), e da ferrolá Marcelina Fernández Díaz. Casou con Syra Alonso o 19 de novembro de 1920, co poeta e cónsul uruguaio Julio José Casal como testemuña.Repertorio biobibliográfico do exilio galego 2001, CCG. Tivo ao seu cargo a Librería de Arte, na rúa Real da Coruña, e colaborou activamente coas revistas Casa de América e Alfar, da que foi director artístico."O pintor Francisco Miguel é homenaxeado en Bértoa" La Voz de Galicia, 27/9/2000. Participou nos parladoiros da librería da súa propiedade e do café La Peña. miniatura|esquerda|"Casa da Felicidade", residencia de Francisco Miguel e Syra en Coruxo de Abaixo."Memoria de Santa Cruz" La Opinión Coruña, 16/8/2015. Autodidacta, ao longo da súa vida realizou múltiples viaxes e cambios de residencia: Montparnasse (París), en 1923, onde se formou na arte do batik; Cuba e México (1926-33), onde naceron os seus fillos Juan Ramón e Sandro e onde traballou co muralista David Alfaro SiqueirosArtistas plásticos en la Guerra Civil española Sociedad Benéfica de Historiadores Aficionados y Creadores, o que contribuíu a poñelo en contacto directo coas vangardas artísticas do momento (Diego Rivera, Blanca Luz Brum…); foi tamén foi amigo de Alejo Carpentier, Luis Seoane, de León Felipe e de Picasso, de quen quixo expór a súa obra da etapa coruñesa nos anos 30 pouco antes de ser asasinado. Francisco Miguel tamén foi ilustrador dos poemas de Jorge Luis Borges e de Gabriela Mistral.

En 1933 volveron a España. Tras un ano en Madrid regresaron a Galicia, instalándose na "Casa da Dicha" (Casa da Felicidade) no Porto de Santa Cruz, Liáns, Oleiros."A Casa da Felicidade de Santa Cruz" La Opinión Coruña, 18/2/2013.

O 3 de agosto de 1936 foi detido pola Garda Civil, acusado de actuar contra o réxime militar golpista. Saíu en liberdade, pero o 19 de setembro prendérono de novo. O 28 de setembro apareceu o seu cadáver fusilado en Bértoa, coa cara fendida e as mans amputadas, xunto cos de Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete, e foron enterrados no cemiterio da localidade. Os seus restos foron localizados e identificados en setembro de 2023.Ramos Lavandeira, José Manuel (20/9/2024). "Carballo recupera a figura do pintor Francisco Miguel no cabodano da exhumación en Bértoa" El Correo Gallego ."Memoria contra el olvido en Carballo, con el pintor Francisco Miguel en el centro" (28/9/2024). La Voz de Galicia .

En 1942, Syra e os tres fillos volveron definitivamente a México, exiliados.Syra Alonso no Álbum de Mulleres do CCG.

Tras unha solicitude dos seus descendentes, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica desenvolveu un proceso que conduciu á exhumación dos seus restos no cemiterio de Bértoa o 19 de setembro de 2023 e culminou, o 29 de setembro de 2025, co seu enterro no cemiterio de Santo Amaro da Coruña, nun acto en que participaron algúns dos seus familiares e un amplo cortexo cívico.

Homenaxes En 1999 a cidade da Coruña dedicoulle unha rúa. No ano 2000 abriu no Quiosco Alfonso a exposición "Entre Vanguardias: Francisco Miguel pintor galego e Mexicano" que previamente estivera no Círculo de Belas Artes de Madrid.

En 2015 foille dedicado o Día da Galiza Mártir.

No ano 2025, houbo unha campaña apoiada por varias organismos, persoeiros da cultura e entidades sociais para dedicarlle o Día das Artes Galegas 2026, que finalmente recaeu no fotógrafo José Suárez.

Nese mesmo ano, a Deputación da Coruña impulsou a celebración dun ciclo de conferencias ao redor da vida e da obra do pintor e a súa dona en 12 concellos da provincia, e o Concello da Coruña, como preámbulo do seu enterro no cemiterio de Santo Amaro, impulsou unha exposición de obras de Francisco Miguel de titularidade municipal.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Luís Huici Os renovadores Ligazóns externas Compilación de bibliografía relativa a Francisco Miguel Carta de Luís Seoane a Francisco F. del Riego na que menciona a Francisco Miguel CCG.

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Libreiros Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Fusilados Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Pintores surrealistas