Blackened Sky é o álbum de estrea da banda escocesa de rock alternativo Biffy Clyro, editado o 10 de marzo do 2002 polo selo Beggars Banquet Records. Do disco sacáronse catro sinxelos: "27", "Justboy", "57" e "Joy.Discovery.Invention", e acadou o número 78 na lista británica de álbums.

Ao igual que cada un dos tres primeiros álbums da banda, foi tocado só unha vez enteiro en directo, o día 13 de decembro do ano 2005 no King Tut's Wah Wah Hut de Glasgow.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Biffy Clyro Categoría:Álbums musicais de 2002 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Beggars Banquet Records