Larry Sanders, nado o 21 de novembro de 1988 en Fort Pierce, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que é axente libre. Cunha altura de 2,08 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria Instituto Sanders non xogou ao baloncesto até noveno curso, xa que a súa escola privada non ofrecía deportes. Posteriormente trasladouse ao Instituto Port St. Lucie, onde fixo medias de 18,9 puntos e 13 rebotes por partido no seu ano sénior, e liderou a Port St. Lucie a un balance de 20 vitorias e 8 derrotas e ao campionato District 13-5A. Sanders foi incluído no mellor equipo do estado.

Universidade Na súa primeira tempada na Virginia Commonwealth University, Sanders foi incluído no mellor quinteto de novatos da Colonial Athletic Association e no mellor quinteto defensivo. No seu segundo ano cos Rams fixo medias de 11,3 puntos e 8,6 rebotes por partido e foi coroado como mellor defensor da súa conferencia. A súa progresión continuou na súa terceira e última campaña na universidade, facendo 14,4 puntos, 9,1 rebotes e 2,6 tapóns por partido, e sendo nomeado por segundo ano consecutivo mellor defensor da conferencia. Ademais, foi incluído no mellor quinteto da CAA. Larry Sanders anunciou en abril de 2010 a súa intención de declararse elixible para o Draft da NBA de 2010.

Profesional Foi seleccionado na 15ª posición do Draft da NBA de 2010 por Milwaukee Bucks. O 8 de xullo de 2010, asinou un contrato de rookie cos Bucks. O 20 de febreiro de 2011, foi asignado ós Fort Wayne Mad Ants da NBA D-League. O 26 de febreiro de 2011 regresou ós Bucks.

O 30 de novembro de 2012, conseguiu a súa primeira tripla-dobre, tras acadar 10 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns na derrota de Milwaukee contra os Minnesota Timberwolves. Rematou a tempada na segunda posición en tapóns por partido, tan só por detrás de Serge Ibaka. Ademais, rematou terceiro na votación ó xogador con maior progresión da tempada, por detrás de Paul George e Greivis Vásquez. O 20 de agosto de 2013, asinou unha extensión de contrato cos Bucks de catro anos e 44 millóns de dólares.

O 21 de febreiro de 2015, chegou a un acordo cos Bucks para rescindir o seu contrato.Bucks Request Waivers on Larry Sanders

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Florida Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Ala-pivotes de baloncesto