Enfoques foi un programa dos servizos informativos da Televisión de Galicia que se emitiu entre 1988 e 1991. Desenvolvemento O programa estaba dedicado a reportaxes de temas de actualidade e de contido humano, as reportaxes eran tanto de produción propia e de canles e produtoras do resto de España e internacionais. Unha das súas reportaxes titulada A matanza nunha terra brava de Elvira Varela recibiu unha mención honorífica dos Premios de Prensa, Radio e Televisión do Ministerio de Cultura de España.
Categoría:Programas da TVG