O Tratado de Llivia foi firmado o 12 de novembro de 1660Capdevila i Subirana (2009), p. 53 entre Miquel de Salbà i de Vallgornera, Marqués de Vilanant, representante de Filipe IV de España e Hyacinthe Serroni, bispo de Orange, en representación de Lois XIV de Francia. Este tratado completaba o anterior Tratado dos Pireneos e consolidaba a división do val da Cerdaña e a cesión da súa parte norte, a Alta Cerdaña, ao rei francés,Serra i Puig (2009), p. 6 que consistía no val de Querol e o territorio que a unía ao Capcir. O interese francés, polo control dese territorio, consistía en protexerse fronte a unha intervención militar no Languedoc.
Características No tratado especificábase que 33 pobos do val de Querol pasaban a formar parte de Francia; todos eles estaban na cara norte dos Pireneos e, dende época romana, pertencían administrativamente á autoridades peninsulares.
Cando estaba a piques de asinarse, os representantes dos dous gobernos decatáronse dun problema técnico: Llívia permanecía coma un enclave hispano dentro do novo territorio francés por ter o título de vila e non de pobo. Como as dúas partes querían asinar con rapidez o tratado, Francia aceptou que quedase como enclave baixo soberanía hispana coa condición de que nunca fose fortificada, pero esta cláusula foi anulada posteriormente en 1661.Capdevila i Subirana (2009), p. 147 E así continuou, baixo soberanía española, até o presente.
Deste xeito, consolidouse a cesión da metade da Cerdaña que, por mor da resistencia dos seus habitantes, non se puido facer efectiva ata 1720. Anteriormente celebrárase en Ceret (Vallespir) unha conferencia de carácter técnico para fixa-los criterios do tratado.
Lista de pobos da Cerdaña cedidos a Francia Nome francésNome catalánCommentaireCarolQuerolAntiga comuna do val de Carol que comprendía que comprendía as actuais comunas de Latour-de-Carol, Porta e Porté-PuymorensEnveitgEnveigComuna actualUrUrComuna actualFloriFloríCasarío de UrBasseda, Lluís (1990), Prades, Revista Terra Nostra.VilleneuveVilanovaParte da antiga comuna de Villeneuve-des-EscaldesLes EscaldesLes EscaldesParte da antiga comuna de Villeneuve-des-EscaldesDorresDorresComuna actualAngoustrineAngostrinaAntiga comuna, parte de Angoustrine-Villeneuve-des-EscaldesTargasonneTargasonaLocalidade e comuna actualPalmariePalmanill --ÉgatÈguetComuna actualOdeilloOdellóAntiga comuna, parte de Font-Romeu-Odeillo-ViaViaViàAntiga comuna, parte de Font-Romeu-Odeillo-ViaBolquèreBolqueraComuna actualVilar de OvanzaEl Vilar d'OvansaPobo que se converteu na comuna de Mont-LouisEstavarEstavarComuna actual, agás a antiga comuna de BajandeBajandeBajandaAntiga comuna; en 1822 uniuse a EstavarSaillagouseSallagosaComuna actualRoRoAntiga comuna; en 1822 uniuse a SaillagouseVedrinyansVedrinyansAntiga comuna; en 1822 uniuse a SaillagouseLa PercheLa PerxaActual comuna de La CabanasseLloLloComuna actual, agás a antiga comuna de RohetRohetRoetCasarío de LloEyneEinaComuna actualSaint-Pierre-dels-ForcatsSant Pere dels ForcatsComuna actualSainte-LéocadieSanta LlocaiaComuna actualLlusLluçCasarío de Sainte-LéocadiePlanèsPlanèsComuna actualCaldégasCàldeguesAntiga comuna; en 1973 uniuse a Bourg-MadameOnzesOncésCasarío de CaldégasNahujaNaüjaComuna actualOsséjaOcejaComuna actualPalauPalau de CerdanyaComuna actualHixIxActual commune de Bourg-Madame, agás a antiga comuna de Caldégas, absorbida en 1973
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Tratado dos Pireneos Guerra dos Trinta Anos
Ligazóns externas
Tratado de Llivia na Biblioteca Comtat de Cerdanya . Texto do tratado en Abreu Bertodano, José Antonio (1751). Colección de los tratados de paz, alianza, neutralidad, garantía... (pp: 419-426). Madrid: Antonio Marín, Juan de Zúniga e Viuda de Peralta.
Categoría:Historia moderna de España Categoría:Historia moderna de Francia Categoría:1660 Categoría:Historia de España do século XVII Categoría:Historia de Francia do século XVII Categoría:Tratados de España Categoría:Tratados de Francia