Fernando Macedo da Silva Rodilla, máis coñecido como Nano, nado na Coruña o 20 de abril de 1982, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Racing de Ferrol.

Traxectoria Formado nas categorías inferiores do Ural C.F., en idade xuvenil incorporouse ao fútbol base do FC Barcelona. Considerado un dos xogadores máis prometedores da La Masia, o técnico Louis van Gaal fíxolle debutar oficialmente no primeiro equipo con motivo da disputa da Supercopa de España. Tivo unha destacada actuación suplindo a Rivaldo, e poucos días despois, o 22 de agosto de 1999, fixo historia debutando na Primeira División, ao ser o xogador máis novo en vestir a elástica barcelonista en partido de liga.http://www.as.com/futbol/articulo/nano-desborde-goles-reivindicarse-numancia/dasftb/20100112dasdaiftb_48/Tes Poucos días máis tarde, o 27 de outubro de 1999, nun encontro da Liga de Campións ante o AIK Solna, converteuse no xogador máis novo do FC Barcelona en disputar un encontro de competición europea. O xogador galego tiña aquela noite 17 anos, 6 meses e 7 días.

Con todo, unha lesión cortou a súa progresión. Continuou catro anos máis xogando co filial do FC Barcelona, disputando ocasionalmente algúns partidos co primeiro equipo. O verán de 2003, coa chegada de Frank Rijkaard ao banco, foi definitivamente descartado pola entidade barcelonista. Coa carta de liberdade en man, fichou polo Atlético de Madrid.http://www.abc.es/hemeroteca/historico-04-08-2003/abc/Deportes/el-ex-barcelonista-nano-nuevo-jugador-del-atletico_199244.html

A pesar dunha primeira tempada prometedora cos colchoneiros -28 partidos de liga e 5 goles-, a campaña 2004/05 tivo unha presenza testemuñal no equipo, o que lle levou a buscar un cambio de aires. A tempada 2005/06 pertenceu ao Getafe CF, onde, de novo, apenas dispuxo de minutos de xogo.

O verán de 2006 fichou polo Cádiz CF e cos gaditanos xogou dúas tempadas en Segunda División. A tempada 2008-09 xogou co Racing de Ferrol en Segunda B. O 10 de xullo de 2009 anunciouse a súa incorporación ao CD Numancia.

Traxectoria como adestrador Tralo seu retiro no Racing de Ferrol, volveu á súa cidade natal e empezou a adestrar o equipo infantil do Colexio Obradoiro, onde estudara. Tras acadar o ascenso na temporada 2018-19, foi fichado polo Deportivo da Coruña para adestrar os equipos infantil e cadete da canteira coruñesa.

Clubs ClubPaísAnoFC Barcelona B España1998-1999FC Barcelona España1999FC Barcelona B España1999-2003FC Barcelona España2003Atlético de Madrid España2003-2005Getafe CF España2005-2006Cádiz CF España2006-2008Racing de Ferrol Galicia2008-2009CD Numancia España2009-2012CA Osasuna España2012-2013Alavés España2013-2014Racing de Ferrol Galicia2015-presente

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en As (24/01/2010) Ficha en BD Fútbol

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1982 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol internacionais coa selección de fútbol de Galicia