Espacio aberto foi un programa cultural da Televisión de Galicia dedicado á divulgación de espectáculos, tanto galegos como foráneos, que se desenvolvían no territorio galego. Estaba dirixido e presentado por Pemón Bouzas que percorría a xeografía galega nunha unidade móbil para realizar as reportaxes, xeralmente tres por programa.
Categoría:Programas da TVG