Odelay é o quinto álbum de estudio do músico estadounidense de rock alternativo Beck, editado o 18 de xuño de 1996 polo selo Geffen Records. Despois do éxito de "Loser", Odelay conseguiu varios sinxelos soados, incluíndo "Where It's At", "Devils Haircut" e "The New Pollution". O álbum acadou no número 16 na lista Billboard 200 e co tempo vendeu ao redor dos 2 millóns de copias nos Estados Unidos. Tamén foi o primeiro álbum exitoso no Reino Unido, sendo número 17 nas listas e conseguindo o disco de platino.
O 29 de xaneiro do 2008 Odelay foi relanzado nunha edición con dous discos cun bo feixe de cancións extra. De cara ao mes de xullo dese ano o álbum levaba vendidas 2,3 millóns de unidades nos Estados Unidos. No ano 2003 foi colocado no número 306 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Beck Categoría:Álbums musicais de 1996 Categoría:Álbums producidos por Beck Categoría:Álbums de DGC Records