Manuel Bouzón, coñecido como Emanuel Bouzon, nado o 8 de xaneiro de 1933 en Manaus e finado en 2006, foi un sacerdote católico, asiriólogo e especialista no Antigo Testamento brasileiro.
Traxectoria Fillo de inmigrantes galegos, graduouse en 1954 en Filosofía pola Pontificia Universidade Católica do Río de Xaneiro, PUC-RJ, graduouse tamén en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana (Italia) en 1958. Especializouse en 1964 en Asirioloxía e Historia Antiga pola Westfälische Wilhelms Universität Münster, Alemaña.
No ano 1960 remata o mestrado en Historia Antiga Oriental, no Pontificio Instituto Bíblico, Italia, coa disertación As Corporações Proféticas no Antigo Israel, baixo a dirección de Ernst Vogt. Na mesma institución doutorouse, en 1969, coa tese: Die Prophetenkorporationen in Israel und im Alten Orient, tamén baixo dirección de Ernst Vogt.
Obra Entre os numerosos traballos e traducións destaca a tradución do Código de Hammurabi para a lingua portuguesa. Ao falecer Bouzon finalizaba a tradución da epopea de Gilgamesh.
Era profesor do Departamento de Teoloxía da PUC-Río e tamén daba clases no Departamento de Historia da mesma Universidade.
Véxase tamén Ligazóns externas Homenaxe a Manuel Bouzón Entrevista com Manuel Bouzon Currículo Lattes de Emanuel Bouzon
Categoría:Sacerdotes católicos do Brasil Categoría:Tradutores do Brasil Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en Manaus Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana