Lori Black, tamén coñecida como Lorax, nada o 9 de abril de 1954 en Santa Monica (California), é unha baixista estadounidense coñecida por tocar nas bandas Clown Alley e Melvins. Lori é filla da actriz Shirley Temple e do empresario Charles Alden Black.
Cando os Melvins se separaron temporalmente a finais de 1987, o baixista Matt Lukin deixou a banda para formar Mudhoney. Os Melvins substituírono por Lori Black. Nesa época Black saía con Buzz Osborne, líder do grupo. As súas primeiras gravacións apareceron no álbum de 1989 Ozma. Black tamén aparece acreditada na estrea de Melvins cun gran selo, Houdini (1993), aínda que Osborne ten dito que Black non toca nel.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial dos Melvins
Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Santa Monica