Iván García Campos, nado na Coruña o 14 de xullo de 1974, é un escritor galego.

Traxectoria É licenciado en INEF e exerce como rehabilitador físico. Iniciou estudos de Grao en Filosofía en 2015 que interrompeu en 2018.

En 2001 converteuse no primeiro escritor galego en gañar un certame de poesía a través da telefonía móbil, coa obra O silencio. O concurso, inspirado nunha iniciativa do xornal británico The Guardian para o ámbito anglófono, foi organizado en España, Galicia e Portugal pola Fundación Observatorio Urbano do Eixo Atlántico. As obras debían enviarse mediante mensaxes SMS, a única tecnoloxía de mensaxería móbil dispoñible naquel momento.

En 2008 gañou o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo, instituído pola Fundación do Pedrón de Ouro coa obra Unha casa chea de xanelas.

A súa primeira novela, O imposible de desatar, gañou a XXVIII edición do Premio Blanco Amor en 2010"Iván García Campos gaña o XVIII Blanco Amor de narrativa" , artigo na web de A Nosa Terra.. O xurado, formado por Teresa Bermúdez Montes, Chus Nogueira, Bieito Iglesias Arauxo, Xesús Constela Doce, Carlos González Figueiras e Silvia Díaz Iglesias, salientou a “coherencia e o equilibrio entre a forma e o fondo, e o retrato da cara oculta da sociedade actual; dos conflitos persoais, da sociedade e a incomunicación, a través de personaxes cargadas de humanidade. A novela destaca polo seu carácter innovador no tocante ao estilo e ás técnicas narrativas”.

Cinco anos despois publica Cuestións vitais secretas, un libro formado por dez relatos que, cunha técnica sinxela e depurada, de frases breves, con preferencia polo estilo indirecto e pola selección de puntos de vista pouco usuais, tratan de facer aparecer o que está oculto nas rutinas da vida corrente . A importancia dos pormenores é crucial en todos os relatos, así como a confianza na perspicacia do lector para poder intuír sen necesidade de comprender. A revista dixital Biosbardia, especializada en literatura galega, sinalouno como o libro galego máis recomendable do ano 2015.

En decembro de 2019 sae do prelo O viaxeiro perfecto, onde Mario, un condutor de ambulancia, conecta coa dor das persoas que transporta, ata o punto de concederlles unha última vontade viaxeira, unha antesala á travesía que supón a morte. Trátase dunha road novel onde o eixo vertebrador da narración é o diálogo. Ao contrario dos seus libros anteriores é esta unha novela formalmente moi sinxela onde en ningún momento sabemos o que pensan os personaxes, só o que fan.

En 2024 foi membro do xurado da IX edición das Residencias Artísticas Mariñán de Literatura e Pensamento, xunto con Yolanda Castaño e María López Sández. En 2026 obtivo, por unanimidade, o XXXV Certame Manuel Murguía de Narracións Breves pola obra A comedia intelectual.

Alleo ás redes sociais, esporadicamente publica textos en revistas, xornais e plataformas dixitais.

Desde o ano 2020 colabora como coordinador e editor da sección Decálogos en Euseino? Editores, liña de publicacións da Fundación Euseino?.

Obra Narrativa miniatura|Presentación de Cuestións vitais secretas, con Víctor Freixanes e Camilo Franco, na Feira do Libro da Coruña, 07/08/2015

O imposible de desatar (2010). Galaxia. 216 páxs. Traducida ao castelán en 2015. Cuestións vitais secretas (2015). Galaxia. 180 páxs. Relatos. O viaxeiro perfecto (2019). Galaxia. 204 páxs. Traducida ao castelán en 2023.

Obras colectivas Nun edificio, 2002, Agrupación de Libreiros de Ourense e Casa da Xuventude de Ourense. Cordura ou martelos e catro contos máis, 2004, Agrupación de Libreiros de Ourense e Casa da Xuventude de Ourense. VIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole: catro relatos, 2006, Concello de Lugo. Os Viadutos. VIII Certame literario de relatos cortos, 2007, Concello de Redondela. Premios Pedrón de Ouro. Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo XXXII e XXXIII, 2008, Ediciós do Castro. Premios Pedrón de Ouro. Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo XXXIV, 2009, Edicións do Castro.

Premios Primeiro premio no I certame de Poesía SMS Xanela da Cultura da Fundación Observatorio Urbano do Eixo Atlántico no 2001, por O silencio. Mención especial no V Certame de Poesía Francisco Añón no 2001, por A alma dos grilos. Gañador do Premio Ourense de contos, no 2004, por Cordura ou martelos. Primeiro premio do VIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole no 2005, por O legado turbulento dos xemelgos Salinas. Primeiro premio do VIII Certame de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela no 2007, por O camiño das formigas. Gañador do Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo no 2008, por Unha casa chea de xanelas. Premio Blanco Amor de novela no 2010, por O imposible de desatar. Premio Manuel Murguía de Narracións Breves, no 2026, por A comedia intelectual.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Nota biográfica na web de Euseino? Editores. Ficha en Galaxia.

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1974 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor