Un billón é un número natural que designa un millón de millóns.
Expresións equivalentes
Escríbese, co mesmo significado:
1.000.000.000.000 1 000 000 000 000 10¹² Millón de millóns No sistema binario escríbese 1110100011010100101001010001000000000000 En hexadecimal é E8D4A51000 A súa factorización en números primos é 2¹² × 5¹² O prefixo que o designa no Sistema Internacional de Unidades é Tera-
Similitudes e problemas coa terminoloxía O termo foi introducido nos séculos XV e XVI en Francia, primeiramente por Nicolás Chuquet.
En Europa e gran parte de América Latina, un billón ou a palabra coa mesma raíz nas distintas linguas (billion, billione, bilió, bilioi, biljoen, bilijon etc.) equivale a un millón de millóns, 1012 ou expresión equivalentes (véxase o apartado anterior).
Nos Estados Unidos ten o significado de mil millóns, ou 109 pero non no Canadá, que segue o modelo francés e europeo. No Reino Unido o termo é confuso porque usaban millardo e foi mudado en 1950 e aínda se emprega cos dous significados. Hai máis linguas nas que tamén ten ese significado, tales como na lingua grega e na turca.
Na Lusofonía, existen tamén diferenzas entre o portugués europeo (bilião = billón = millón de millóns) e portugués do Brasil (bilhão = mil milhões = mil millóns ≠ billón) que con frecuencia xera confusión.
Esta diferenza de significado provoca que se cometan erros ó traducir artigos do inglés ou do portugués do Brasil. Incluso un británico pode non saber se un texto en inglés fala de "mil millóns" ou un "millón de millóns". O mesmo erro de comprensión xorde cando se fala de números máis elevados, tal como o trillón.
Na economía O adxectivo billonario derivado de billón mantén a mesma confusión e de feito o termo non aparece no DRAG, bUSCatermos, Dicionario de dicionarios ou no de Estraviz. Referido a un individuo, billonario é quen posúe unha fortuna accesible de ó menos un billón dalgunha divisa. Na terminoloxía longa (1 billón = 1000 millóns) billionaire é quen dispón de one billion, isto é mil millóns (normalmente, en dólares) e trillionaire quen dispuxese de one trillion. Esa cifra en dólares, coa terminoloxía curta (1 billón = 1 millón de millóns) non a acadou ningún invididuo ate 2026, no que se lle atribúe a Elon Musk despois de sacar a bolsa A súa compañía Space X deixando atrás a Jeff Bezos, Bernard Arnault & familia, Bill Gates ou Warren Buffett, que lle seguirían na lista. Porén, na terminoloxía europea, todo o PIB nominal da Unión Europea (un 22% da economía global) foi de 18,3 billóns de dólares en 2021 e, xa que logo, a toda a economía mundial non chega aos 90 billóns de dólares; o estimado entre 2022 e 2023 son uns 100 billóns de dólares, que en inglés dos Estados Unidos, son $100 trillion.
Notas
Véxase tamén
1000000000000