Martín Fierro é un poema narrativo de José Hernández, obra literaria considerada exemplar do xénero gauchesco na Arxentina, Uruguai e Río Grande do Sur (Brasil). Publicouse en 1872 co título O Gaucho Martín Fierro, e a súa continuación, A volta de Martín Fierro, apareceu en 1879. Narra o carácter independente, heroico e sacrificado do gaucho. O poema é, en parte, unha protesta en contra da política do presidente arxentino Domingo Faustino Sarmiento de recrutar forzosamente os gauchos para ir á fronteira contra os indios.
Tradución ao galego
Foi traducido ao galego por Bernaldo Souto e publicado en Edicións Anxel Casal. Véxase tamén
Outros artigos Personificación nacional Ligazóns externas Martín Fierro na Biblioteca da Tradución Galega.
Categoría:Obras de poesía en castelán Categoría:Personificacións nacionais