Superfuzz Bigmuff é un EP da banda estadounidense de grunge Mudhoney, editado en outubro de 1988 polo selo Sub Pop Records. As súas cancións apareceron posteriormente no recompilatorio de 1990 Superfuzz Bigmuff Plus Early Singles. O álbum foi chamado así por dous dos pedais preferidos da banda, o Univox Super Fuzz e o Electro-Harmonix Big Muff, os cales axudaron a definir o seu característico son sucio.
Durante a edición inicial o EP vendeuse moi mal (para os estándares da Sub Pop), porén, foi recoñecido coma unha das gravacións seminais da escena de Seattle. A mediados do 2008 o EP acadou o posto 25 na lista inglesa Indie Album Chart, vinte anos despois do seu lanzamento.
Listaxe de cancións Edición orixinal (1988)
Superfuzz Bigmuff Plus Early Singles (1990)
Edición de luxo (2008)
No disco 2, os temas 1–9 son ao vivo en Berlín, o 10 de outubro de 1988, e os 10–15 na KCSB-FM, de Santa Barbara, o 16 de novembro de 1988.
Notas
Categoría:EPs de Mudhoney Categoría:EPs musicais de 1988 Categoría:Álbums producidos por Jack Endino Categoría:EPs de Sub Pop Records