Sap é un EP da banda estadounidense de grunge Alice in Chains, editado o 4 de febreiro de 1992 a través do selo Columbia Records.

Tras a xira do seu álbum Facelift, Alice in Chains entrou no estudio para gravar demos para o seu seguinte traballo, e rematou rexistrando cinco temas acústicos na súa vez. mentres estaban no estudio o batería Sean Kinney tivo un soño sobre "facer un EP chamado Sap". A banda decidiu "non meterse co destino", e Sap foi gravado en 1991 cos produtores Rick Parashar e Dave Jerden.

Listaxe de cancións Letras e música compostas por Jerry Cantrell agás onde se indique.

Notas

Categoría:EPs de Alice in Chains Categoría:EPs musicais de 1992 Categoría:EPs de Columbia Records