1918 (MCMXVIII) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.

Este ano marcou a fin da Gran Guerra (primeira guerra mundial), conflito que resultou na morte de entre 15 e 22 millóns de persoas (1 % da poboación total nese momento). As consecuencias da guerra continuarán afectando a Europa e ao resto do mundo durante os seguintes anos.

Acontecementos 1 de xaneiro, Estados Unidos, o actor británico Charles Chaplin inaugura os seus propios estudios cinematográficos en Hollywood. 4 de xaneiro, Rusia recoñece a independencia da Finlandia. 24 de febreiro, Estonia declárase independente de Rusia. Marzo, prodúcese a Revolta das Pedradas ou Revolta do Pan, protesta popular en Trasancos, dende Valdoviño a Pontedeume 17 de xullo, asasinato da familia imperial rusa en Ekaterimburgo.

Acontecementos de maior duración Primeira guerra mundial (1914-1918). Xenocidio armenio (1915-1918). Holocausto helénico (1914-1922). miniatura|O pailebote Constantino Candeira en 1918, nel estivo embarcado Manuel Antonio en 1926 e 1927.Saa González, Ignacio (2014/11/10). Constantino Candeira. Porto de Camposancos (Río Miño).

Nacementos 6 de xaneiro - Manuel Cabaleiro Goás, psiquiatra galego (m. 1977). 8 de febreiro - Enrique Tierno Galván, político español. 15 de febreiro - Marcial Suárez, escritor galego (m. 1996). 5 de marzo - James Tobin, economista estadounidense. 5 de marzo - José Luis Taboada García, médico e político galego (m. 2007). 31 de marzo - Pura Vázquez, escritora galega. 1 de abril - Manuel de Pedrolo, escritor catalán (m. 1990) 14 de xullo - Ingmar Bergman, cineasta sueco. 18 de xullo - Nelson Mandela, presidente de Suráfrica. 25 de agosto - Leonard Bernstein, compositor e director de orquestra estadounidense. 8 de setembro - Derek Harold Richard Barton, químico británico, premio Nobel de Química en 1969. (m. 1998) 14 de setembro - Cachao López, músico e compositor cubano. 19 de outubro - Louis Althusser, filósofo francés. 22 de novembro - Blas Piñar, político e notario español, fundador de Fuerza Nueva. (m. 2014) 11 de decembro - Alexander Solzhenitsin escritor, historiador e Premio Nobel de Literatura ruso. (m. 2008) 21 de decembro - Kurt Waldheim, diplomático e político austríaco. Abelardo Miguel - pintor galego. (m.1991)

Mortes 6 de xaneiro - Georg Cantor, matemático alemán. 19 de xaneiro - Eladio Oviedo Arce, sacerdote e historiador galego (n. 1864). 6 de febreiro - Gustav Klimt, pintor austríaco. 8 de febreiro - Louis Renault, xurista francés, premio Nobel da Paz en 1907. 10 de febreiro - Ernesto Teodoro Moneta, editor e pacifista italiano, premio Nobel da Paz en 1907. 6 de marzo - Bernardo Bermúdez Jambrina, actor e escritor galego (n. 1887). 25 de marzo - Claude Debussy, compositor francés. 20 de abril - Karl Ferdinand Braun, físico alemán, premio Nobel de Física en 1909. 21 de abril - Manfred von Richthofen, o Barón Vermello, aviador militar alemán. 30 de maio - Georgi Plekhanov, revolucionario ruso. 17 de xullo - Nicolao II, tsar de Rusia (1894-1917). 17 de xullo - Alexandra Fiodorovna Romanova, tsarina de Rusia. 17 de xullo - Aleksei, Olga, María, Tatiana, Anastasia 28 de setembro - Georg Simmel, filósofo e sociólogo alemán. 20 de outubro - Ezequiel Ordóñez González, avogado e político galego. 25 de outubro - Amadeo de Souza-Cardoso, pintor portugués. 27 de outubro - Luís Porteiro Garea, avogado e político galego. 28 de outubro - Bernardino González Paz, avogado e político galego. 9 de novembro - Guillaume Apollinaire, poeta francés.

21 de novembro - Francisco Romero Blanco, médico galego (n. 1838).

Premios Nobel Física: Max Planck Química: Fritz Haber Fisioloxía ou Medicina: Non concedido Literatura: Non concedido Paz: Non concedido

Outros

Historia ano a ano

Notas

Véxase tamén

Categoría:1918