Para o artigo da illa, vexa Día, Grecia.

miniatura|230px|A auga, o coello e o cervo: tres dos vinte símbolos dos días do calendario azteca, da Pedra do Sol. Un día (do ) é o lapso de tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo. A duración aproximada do día son 24 horas, divididas, tradicionalmente, en tempo de luz (tamén chamado "día") e período escuridade (chamado "noite"). Non é unha unidade do SI, pero acéptase o seu uso con el. É unha unidade de tempo fundamental do sistema de unidades UAI.

O día, ademais de tratarse da primeira forma de medir o tempo que tivo o home, divídese en 24 horas de 60 minutos cada unha, que, á súa vez, subdivídense en curtos períodos de 60 segundos. Deste xeito, xa que logo, un día tamén dura 86.400 segundos.

Etimología O termo provén da palabra latina dies, que á súa vez procede da raíz indoeuropea *dei- que significa "brillar" da que procede o sânscrito द्याउः (dyauh), "ceo luminoso". A palabra latina tamén deo lugar ao castelán día e ao francês antigo di.

Concepto miniatura|Auca del Sol i de la Lluna, de Pere Abadal i MoratóImmaculada Socias Batet Catàleg del Fons Abadal de la Biblioteca de Catalunya Barcelona: Biblioteca de Catalunya, 2007 A vida do home desenvólvese no tempo, nel sucédense os acontecementos e os xeitos de pensar que forman a historia do mundo. Por isto o home, dende a súa orixe, intentou medir o «tempo» da forma máis exacta posible. O emprego universal de datar o tempo por medio do ano, o mes e o día, supoxo o emprego dunha mesma era e dun calendario común.

Dentro das primeiras concepcións do tempo, o día foi a unidade básica deste. Como tal, o concepto evolucionou e redefiniuse ó longo da historia, sempre procurando acoutar de xeito máis preciso a duración deste. Dende unha concepción humana e terrestre poden distinguirse 4 tipos básicos de días: o día natural, o día solar medio ou día civil e o día astronómico.

O día natural. É o período de luz que comeza coa saída do sol e remata co seu ocaso, tendo unha duración variable que na latitude de Galicia é aproximadamente de 15 h 6 min a 8 h 54 min, sendo nos dous equinoccios 12 h. O día astronómico. É o tempo que emprega a terra en xirar sobre o seu propio eixo, cunha duración de 23 h. 56 min 4s O día civil. É a medida convencional de 24 horas de 60 minutos cada unha, iniciándose ás 0:00 ou medianoite.

Día astronómico

Tamén chamado día sideral, é o lapso entre dous tránsitos sucesivos do equinoccio medio ou, de maneira equivalente, é o lapso entre dúas culminacións sucesivas dunha estrela no meridiano local. Para un observador determinado o día astronómico comeza cando o punto Aries atravesa o seu meridiano.

Nun ano trópico a Terra dá 365,242189 voltas ó redor do seu eixo respecto ó Sol, pero respecto das estrelas dá unha volta máis: 366,242189. Pódese obter unha aproximación suficientemente boa do valor do día astronómico:

1 ano trópico = 365,242189 días = 8.765,8125 horas 1 día astronómico = (8.765,8125 h/366,242189) = 23,9345 horas

O día astronómico (medio) resulta ser algo menor de 24 horas: 23 h 56 min 4,0905 s, aproximadamente.

En astronomía observacional utilízase o tempo sideral. Supoñamos que hoxe aliñamos unha estrela e anotamos a hora. Mañá a estrela alcanzará a mesma aliñación uns 3 min 55,9 s antes.

Por outra banda, hai que distinguir entre o período de rotación da Terra respecto das estrelas e o día astronómico propiamente dito. Ó ser o equinoccio medio un punto móbil debido á precesión, o día astronómico é 0,0084 segundos máis curto que o período rotacional respecto das estrelas, polo que o período rotacional dura 23 h 56 min 4,0989 segundos.

Día solar medio ou civil

miniatura|O primeiro reloxo atómico do mundo, permitía calcular os segundos, 1955. O día solar medio, ou día civil, é o usado para todos os asuntos cotiáns. Defínese como o lapso que emprega o Sol en culminar dúas veces consecutivas no meridiano do observador. Os días teñen unha duración variable, en función da época do ano en que nos atopemos. Esta variabilidade está motivada pola excentricidade da órbita terrestre e pola oblicuidade da eclíptica. A efectos prácticos manéxase o concepto de día solar medio, que ten unha duración de 24 horas ou o que é o mesmo, 86.400 segundos.

Coa mesma referencia, o Sol, tense o ano tropical ou ano trópico, lapso que demora a Terra no seu movemento anual. Nun ano trópico a Terra dá 365,242189 voltas ó redor do seu eixo respecto ó Sol e, polo tanto, un ano trópico dura 365,242189 días solares medios.

Diferenzas miniatura|As estrelas distantes avanzan cara ó Sol nuns catro minutos por día. Nas viñetas, o Sol é o círculo amarelo e a estrela afastada é o pequeno círculo vermello. A dirección local do sur é S. Esquema sen escala. A diferenza entre un día solar e un día astronómico débese ó feito de que cando a Terra remata o seu xiro con respecto ás estrelas fixas, o Sol non pasou polo meridiano porque nese tempo moveuse debido ó movemento de translación da Terra ó redor do Sol.

Considerando a Terra situada inicialmente en T no momento en que o Sol é culminado e unha estrela moito máis lonxe, para que poida ser considerada unha referencia fixa. O meridiano local é m e o punto sur é S. Un observador que miraba cara ó sur vería o Sol e a estrela aliñada e culminante (imaxe esquerda).

Co paso do tempo, a Terra móvese de T a T', ó mesmo tempo que rota. En T' a estrela distante culmina de novo, mentres que o Sol non o fai. Para que isto suceda, a Terra ten que rotar o ángulo de SRT', que son outros catro minutos, e dise que o Sol "retarda" con respecto á estrela (imaxe central).The Principal Meridian Project (US)

Finalmente, o Sol culmina por segunda vez en T" e dise que pasou un día solar. Neste momento a estrela está ó oeste do meridiano local, e dise que avanza con respecto ó Sol (imaxe dereita).

O tempo de T a T' é un día astronómico, a duración é de 23 horas 56 minutos e 4,1 segundos aproximadamente, mentres que o tempo de T a T" é un día solar de 24 horas.

Bioloxía Para a maioría dos animais diúrnos como os humanos, o día comeza, naturalmente, ao amencer e remata ao póser o sol. Para os animais nocturnos, o día comeza ao anoitecer. Os cambios que se producen no noso organismo ao longo do día son reguladas por un reloxo biolóxico que se sincroniza co día e a noite do medio. Pola mañá, podemos presentar enerxía e produtividade melloradas ou reducidas. A capacidade dunha persoa para espertar eficazmente pola mañá pode verse influenciada polo funcionamento do seu reloxo biolóxico cicardián e seus axustes ao medio. Cada individuo ten unha preferencia polas horas de sono e vixilia, o que pode verse influído polo seu contexto, así como polo sexo, idade e características xenéticas. Por exemplo, o xene denominado "PER3" (Período 3) existe en dúas formas, as variantes "longa" e "curta", e parece afectar á preferencia dunha persoa polas mañás ou as noites. As persoas que levan a variante "longa", destacan como persoas matinais, mentres que as que levan a variante "curta", prefiren as noites.

Día gregoriano

+ División do calendarioNúm. Nome Días 1 xaneiro 31 2 febreiro 28 o 29 3 marzo 31 4 abril 30 5 maio 31 6 xuño 30 7 xullo 31 8 agosto 31 9 setembro 30 10 outubro 31 11 novembro 30 12 decembro 31 O concepto actual de día, unidade básica do noso calendario anual, provén do calendario gregoriano. Tamén coñecido como calendario occidental ou calendario cristián, é o calendario civil aceptado internacionalmente como referente.Introduction to Calendars . United States Naval Observatory. Calendars por L. E. Doggett. Section 2.A norma internacional para a representación de datas e horas ISO 8601 utiliza o calendario gregoriano. Sección 3.2.1. Foi establecido polo papa Gregorio XIII, a instancia de Giraldi, promulgado por un decreto asinado o 24 de febreiro de 1582, unha bula coñecida polas súas palabras iniciais Inter Gravissimas. O calendario reformado foi aprobado ese mesmo ano por un grupo de países, outros adoptárono os séculos seguintes. A motivación da reforma gregoriana foi que o calendario xuliano utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 aC.O calendario xuliano era basicamente o calendario exipcio, o primeiro calendario solar coñecido que establece o ano de 365,25 días O calendario xuliano asumía que o tempo entre o equinoccio de primavera era de 365,25 días, cando actualmente sábese que é case 11 minutos máis curto. O erro entre estes valores acumulados provocaban unha diferenza de preto de tres días cada catro séculos, o que resultaba nun equinoccio que tiña lugar o 11 de marzo (un erro acumulado de aproximadamente 10 días) e movéndose constantemente anteriormente no calendario xuliano no momento da reforma gregoriana. Xa que o equinoccio de primavera estaba vinculado á celebración da Pascua, a Igrexa católica Romana consideraba que este movemento constante na data da equinoccio era indesexable.

Debido á Reforma Protestante, moitos países de Europa Occidental non van, inicialmente, seguir a reforma gregoriana, e mantiveron o seu vello sistema. Finalmente, outros países seguiron a reforma en nome da coherencia, no momento en que os últimos partidarios do calendario xuliano en Europa do Leste (Rusia e Grecia) cambiaron ó sistema gregoriano no século XX, tiveron que deixar 13 días a partir dos seus calendarios, debido á diferenza adicional acumulada entre os dous calendarios desde 1582.

O día é neste calendario a unidade fundamental de tempo. Un día equivale aproximadamente a 86.400 segundos do Tempo Universal Coordinado ou TAI: lembramos que é o TAI o que se ten que axustar ó verdadeiro movemento de rotación terrestre, que se atrasa respecto da duración deste. Segundo este calendario, o ano consta de 7 meses de 31 días (xaneiro, marzo, maio, xullo, agosto, outubro e decembro), 4 de 30 días (abril, xuño, setembro e novembro) e un, febreiro, que ten 28 nos anos comúns e 29 nos bisestos. Os anos comúns tamén se dividen en 52 semanas e un día e os bisestos en 52 semanas e dous días. Isto fai que se unha data acontece nun determinado día da semana un ano, a mesma data ó ano seguinte acontece no día seguinte da semana; se o ano é bisesto, as datas comprendidas entre marzo e o febreiro do ano seguinte acontecen dous días da semana máis tarde, en relación ó día en que caera o ano anterior.

Definicións O concepto e duración do período de tempo que representa o día ten diversas definicións.

Sistema Internacional de Unidades (SI)

Un día contén 86400 segundos. E, actualmente, cada segundo é definido como o período de tempo equivalente a 9 192 631 770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.

Variación histórica Debido á lúa e a disipación de enerxía que causan as mareas, a velocidade de rotación da Terra en si mesma diminúe co paso dos anos. A lonxitude do día aumenta a un ritmo duns 2 milisegundos por século. Polo tanto, hai 100 millóns de anos, o ano duraba 380 días. A lúa distánciase progresivamente da terra, e isto provoca que o día se vaia alargando progresivamente porque a forza exercida pola lúa á Terra é inversamente proporcional ó cadrado da distancia entre elas.

Os cambios na duración do día durante tempos xeolóxicos foi verificado experimentalmente contando os aneis de crecemento dos corais fósiles. O crecemento de corais relacionado á luz durante o día: como o día é máis ou menos longo, a ruta é máis ou menos ancha, a frecuencia é anual, é posible determinar o número de días ó ano en épocas xeolóxicas.

Data Período xeolóxico Número de días por ano Duración do día Presente Actual 365 24 horas - 100 millóns de anos Xurásico 380 23 horas - 200 millóns de anos Permiano 390 22,5 horas - 300 millóns de anos Carbonífero 400 22 horas - 400 millóns de anos Silúrico 410 21,5 horas - 500 millóns de anos Cámbrico 425 20,5 horas