O 8 de marzo é o 67º día do ano do calendario gregoriano e o 68º nos anos bisestos. Quedan 298 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1909 - Celébrase por primeira vez o día da muller traballadora nos Estados Unidos de América. 1910 - Difúndese en Europa a celebración do día da muller traballadora polo labor dos partidos socialdemócratas e socialistas europeos, destacando o traballo da alemá Clara Zetkin. 1910 - Publícase unha Real Orde, asinada por Afonso XIII, pola que se recoñece o dereito das mulleres a matricularse libremente en calquera centro de ensino oficial ou privado. 1921 - O Primeiro Ministro de España, Eduardo Dato, é asasinado ó saír do Parlamento en Madrid. 1957 - Exipto reabre o Canal de Suez. 1965 - As primeiras tropas americanas chegan a Vietnam para a Guerra do Vietnam. 1989 - Paulino Fernández asasina sete persoas e logo suicídase no lugar de Surribas, na parroquia de Adá (Chantada). 1994 - Publicación do disco The Downward Spiral, segundo disco da banda de rock industrial Nine Inch Nails. 1999 - O xuíz Garzón dita auto de prisión provisional para Pepe Rei, xefe do equipo de investigación do diario Egin, polo suposto delito de colaboración con ETA. 2003 - Nace a Galipedia, a versión en galego da Wikipedia. O primeiro usuario rexistrado foi ILVI e o primeiro artigo editado, grupo. 2004 - Morre nun tiroteo o xornalista Ricardo Ortega, enviado especial de Antena 3 a Haití.
Nacementos miniatura|100px|Josefina Aldecoa. miniatura|100px|Ana Vila Portomeñe.
1494 - Rosso Fiorentino, pintor manierista italiano (m. 1540). 1714 - Carl Philipp Emmanuel Bach, músico e compositor alemán (m. 1788). 1835 - Juan Antonio Saco y Arce, sacerdote, gramático e escritor galego (m. 1881). 1838 - Francisco Romero Robledo, avogado e político español (m. 1906). 1839 - Josephine Cochrane, inventora da primeira lavalouza automática con éxito comercial. (m. 1913) 1857 - Ruggiero Leoncavallo, compositor italiano (m. 1919). 1859 - Kenneth Grahame, escritor británico (m. 1932). 1879 - Otto Hahn, químico alemán que gañou o Premio Nobel de Química en 1944 (m. 1968). 1892 - Juana de Ibarbourou, poetisa uruguaia de orixe galega (m. 1979) 1896 - Ramiro Isla Couto, empresario e político galego (m. 1987) 1897 - Josep Pla, escritor catalán (m. 1981). 1904 - Victor de Kowa, actor alemán (m. 1973). 1915 - Tapio Rautavaara, atleta finlandés, cantante e actor de cine (m. 1979). 1921 - Cyd Charisse, bailarina e actriz estadounidense (m. 2008). 1922 - Heinar Kipphardt, escritor alemán. (m. 1982). 1923 - Walter Jens, filólogo e escritor alemán (m. 2013) 1924 - Anthony Caro, escultor británico (m. 2013) 1925 - Francisco Carballo, sacerdote e escritor galego (m. 2014) 1926 - Josefina Aldecoa, escritora e pedagoga española (m. 2011) 1926 - Francisco Rabal, actor español (m. 2001) 1936 - Reimundo Patiño, pintor e debuxante de banda deseñada galego (m. 1985). 1936 - Teresa Barro, tradutora e escritora galega. 1939 - José Ramón Ónega, xurista e político galego (m. 2021) 1943 - Lynn Redgrave, actriz británica. (m. 2010). 1945 - Micky Dolenz, actor, músico e director de televisión e teatro 1945 - Anselm Kiefer, pintor e escultor alemán. 1947 - Andrés Pociña, profesor e escritor galego. 1947 - Carole Bayer Sager, cantante e compositora estadounidense. 1947 - Florentino Pérez, empresario español. 1948 - Luís Álvarez Pousa, xornalista galego. 1948 - Gary Numan, cantante e compositor británico. 1955 - Manuel Ferreiro Fernández, lingüista e escritor galego. 1959 - Aidan Quinn, actor estadounidense. 1961 - Carlos Baliñas Pérez, historiador galego. 1964 - Guillermo Aymerich Goyanes, pintor galego. 1969 - Ana Vila Portomeñe, poeta e labrega galega.
Mortes miniatura|100px|Eduardo Pondal. 1126 - Urraca de León, raíña de Galicia, León, Castela e Toledo. 1403 - Bayezid I, sultán otomán. 1869 - Hector Berlioz, compositor francés (n. 1803). 1874 - Millard Fillmore, presidente dos Estados Unidos. 1917 - Eduardo Pondal, poeta galego. 1917 - Ferdinand von Zeppelin, inventor do dirixible. 1921 - Eduardo Dato Iradier, político e xurista de orixe galega (n. 1856). 1930 - William Howard Taft 1941 - Marcelo Macías, sacerdote e investigador galego. 1941 - Sherwood Anderson 1942 - José Raúl Capablanca, xadrecista cubano, (n. 1888). 1950 - Álvaro das Casas, escritor e dramaturgo (n. 1901). 1963 - Abram Deborin, filósofo lituano (n. 1881). 1971 - Harold Lloyd, actor estadounidense. 1973 - Ron Pigpen McKernan 1975 - George Stevens, director estadounidense (n. 1904). 1978 - Alfonso Pazos Cid, avogado e político galego. 1983 - William Walton
1992 - Red Callender 1993 - Billy Eckstine 1998 - Ray Nitschke 1999 - Joe DiMaggio, xogador de béisbol estadounidense. 2003 - Adam Faith 2015 - Francisco Cacharro Pardo, político galego (n. 1936). 2020 - Max von Sydow, actor sueco (n. 1929).
Festas e celebracións
Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora.
Outros Santoral: Xoán de Deus, confesor e Patrón dos bombeiros e practicantes; Quintilo, Cirilo, bispos; Xulián, Félix, Filemón, Apolonio, Teótico, Urbano, Rogato, Silvano, mártires; Veremundo, abade; Poncio, diácono; Liberio, Arnoldo, confesores; Antonino, eremita.
Os 366 días do ano
08