O deseño intelixente, ou DI, é unha corrente de pensamento segundo a cal certas características do universo e dos seres vivos se explican mellor mediante unha causa intelixente que a través dun proceso non dirixido, como a selección natural.

A expresión deseño intelixente é a tradución usada adoito, da inglesa Intelligent Design ou ID. Coñécese tamén como creacionismo evolutivo ou creacionismo científico.

O consenso da comunidade científica é de que a creación intelixente non é ciencia, senón unha pseudociencia. A Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos xa declarou que "o creacionismo, o deseño intelixente e outras alegacións de intervención sobrenatural da orixe da vida non son ciencias porque non poden ser probadas por métodos científicos". A Asociación de Profesores de Ciencias dos Estados Unidos e a Asociación Americana para o Progreso da Ciencia clasifícana como pseudociencia. Outros membros da comunidade científica concordan coa clasificación, e algúns mesmo a clasifican como ciencia-lixo.

Concepto e características A idea do deseño intelixente desenvolvérona os membros dun grupo de creacionistas norteamericanos que reformularon o argumento sobre a controversia da creación versus evolución para esquivar unha decisión xudicial norteamericana prohibindo o ensino do creacionismo como ciencia Kitzmiller vs. Dover Area School District (2005), Context pg. 32 ff, citando a Edwards v. Aguillard."O DI non é un novo argumento científico, senón máis ben un vello argumento relixioso para a existencia de Deus. Reconduciron este argumento indirecto polo menos até Tomé de Aquino, no século XIII, o cal definiu o argumento cun siloxismo: Dado que un deseño intelixente existe, debeu existir un deseñador; a natureza é complexa; polo que a natureza debeu ter un deseñador intelixente." Esta demostración da existencia de Deus foi lanzada a principios do século XIX polo reverendo William [...] Aparentemente, a única diferenza entre a proba de Paley e a proba do DI, así como da de expertos da súa defensa Behe e Minnich, é que a posición oficial do DI non recoñece explicitamente que o deseñador sexa Deus". Kitzmiller vs. Dover Area School District vol. 4, 20/12/2005, Decisión, p. 24. Os seus principais defensores, todos eles asociados ao Discovery Institute, radicado nos Estados Unidos, cren que o creador é o Deus do cristianismo "P. Ten o Discovery Institute un propoñente no Movemento do deseño intelixente? R. Si, o Centro para a ciencia e a cultura do Discovery Institute. P. E hai máis individuos involucrados no Movemento do deseño intelixente asociados co Discovery Institute? R. Todos os líderes o están, si". Barbara Forrest, 2005, testemuñado no xuízo Kitzmiller vs. Dover Area School District. "The writings of leading ID proponents reveal that the designer postulated by their argument is the God of Christianity". Kitzmiller vs. Dover Area School District (2005), Ruling p. 26. Unha selección de escritores e citas de partidarios do deseño intelixente demostrando esta identificación do Deus dos cristiáns co deseñador intelixente pódese ver en Horse's Mouth , de Brian Poindexter, 2003.William A. Dembski, cando se lle preguntou nunha entrevista como as súas investigacións concluíran que Deus é o deseñador intelixente, respondeu: "Eu creo que Deus creou o mundo cun propósito. O deseñador do deseñador intelixente é, en última instancia, o Deus dos cristiáns". Segundo eles, a súa investigación é análoga á dos detectives que, diante dunha persoa morta, buscan sinais de que aquel evento non foi accidental (ou que isto é moi improbábel), indicando que hai un asasino. Os investigadores buscan no mundo natural (e principalmente en estruturas biolóxicas) sinais de planificación, funcionalidade e propósito. E do mesmo xeito que os detectives poden investigar se hai ou non un criminal sen saber quen é, os investigadores alegan que poderían dicir que hai unha creación sen coñecer datos adicionais sobre o creador. A investigación céntrase nas evidencias biolóxicas e non nas consecuencias dos achados[http://www.discovery.org/a/2348 Principais preguntas sobre o DI. . Os defensores da creación intelixente alegan que é unha teoría científica e buscan fundamentalmente redefinir a ciencia para que esta acepte explicacións sobrenaturais .

O consenso da comunidade científica é de que a creación intelixente non é ciencia, senón unha pseudociencia A AAAS, a máis grande asociación de científicos estadounidense, ten 120.000 membros, e rexeita firmemente o DI (http://www.aaas.org/news/releases/2002/1106id2.shtml ). Máis de 70.000 científicos e profesores australianos condenaron o ensino do deseño intelixente nas clases de ciencias (http://www..science.unsw.edu.au/news/2005/1106id2.shtmil). Véxase tamén a lista de declaracións das organizacións profesionais científicas (http://www.ncseweb.org/resources/articles/8408_statements_from_scientific_and_12_19_2002.asp ) sobre a natureza do deseño intelixente e doutras formas de creacionismo. A Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos xa declarou que o "creacionismo, o deseño intelixente e outras alegacións de intervención sobrenatural a orixe da vida" non son ciencias porque non poden ser probadas por métodos científicosNational Academy of Sciences, 1999. Science and Creationism: A View from the National Academy of Sciences , segunda edición A Asociación de Profesores de Ciencias dos Estados Unidos e a Asociación Americana para o Progreso da Ciencia clasifícana como pseudociencia A National Science Teachers Association, unha asociación profesional de 55.000 profesores de ciencias, declarou nunha conferencia de prensa en 2005: "Estamos ao lado dos científicos e das principais asociacións científicas nacionais, incluído o Dr. John Marburger, principal conselleiro científico do presidente, en afirmar que o deseño intelixente non é ciencia. [...] É absolutamente incorrecto presentar unha pseudociencia aos estudantes durante as clases de ciencia. Outros membros da comunidade científica concordan coa clasificación, e algúns mesmo a clasifican como ciencia-lixo. O termo creación intelixente xurdiu como resposta á decisión xudicial de 1987 do Tribunal Supremo dos Estados Unidos no caso Edwards v. Aguilard que implicaba a separación da igrexa e o estado . O seu primeiro uso significativo en publicacións foi en Of Pandas and People (Sobre pandas e persoas), un libro didáctico de 1989 publicado coa intención de que se usase nas clases de bioloxía do ensino secundario.Kitzmiller v. Dover Area School District (2005), pp. 31 – 33.. Varios libros adicionais sobre a creación intelixente publicáronse nos anos 1990. Na metade da década de 1990, defensores da teoría comezaron a agruparse ao redor do Discovery Institute e a defender máis publicamente a inclusión desta doutrina no currículo da escola pública . Co Discovery Institute e o seu Center for Science and Culture (Centro para a ciencia e a cultura) servindo como alicerce central no planeamento e financiamento, o "movemento da creación intelixente" medrou significativamente en publicidade a finais da década de 1990 e no inicio da de 2000, culminando no xuízo de Dover, en 2005, que contestou o ensino intencionado da creación intelixente nas aulas de ciencias do sistema público de ensino .

No caso Kitzmiller v. Dover Area School District, un grupo de pais de estudantes do ensino medio contestaron a exixencia do distrito escolar público para que os profesores presentaran a creación intelixente nas clases de bioloxía como unha "explicación alternativa para a orixe da vida". O xuíz John E. Jones III sentenciou que a creación intelixente non é ciencia, e que "non pode separar dos seus antecedentes creacionistas e, consecuentemente, relixiosos", e concluíu que a promoción da idea da creación intelixente realizada polo distrito escolar violaba a Cláusula de Establecemento da Primeira emenda da Constitución dos Estados Unidos de América.

Visión xeral

O termo "deseño intelixente" comezou a usarse despois da sentenza de 1987 do Tribunal Supremo dos Estados Unidos no caso Edwards v. Aguillard que decidiu que a exixencia de ensinar a "ciencia da creación" ao lado da evolución era unha violación da Cláusula de Establecemento, que prohibe a axuda estatal á relixión. No caso Edwards, o Tribunal Supremo tamén decidira que "ensinar unha variedade de teorías científicas sobre a orixe da humanidade para estudantes pode ser validamente feito coa clara intención secular de mellorar a efectividade da instrución científica" . Nos esbozos do libro didáctico de ciencia creacionista Of Pandas and People, practicamente todas os derivados da palabra "creación", como "creacionismo", foron substituídos polas palabras "deseño intelixente" . O libro publicouse en 1989, seguido por unha campaña promovéndoo para que fose usado no ensino do deseño intelixente e clases de bioloxía do ensino secundario do sistema público. A mesma sentenza xudicial do Tribunal Supremo influíu no xurista xubilado Phillip E. Johnson, no seu libro de 1991 Darwin on Trial ("Darwin no banco dos acusados"), no que defende a redefinición da ciencia para que a mesma permitise alegacións de creación sobrenatural. . Un grupo de partidarios do creacionismo, incluíndo a Michael Behe, Stephen C. Meyer e William Dembski xuntouse con Johnson co obxectivo de derrubar o naturalismo metodolóxico do método científico (que el describira como "materialismo") e substituílo por "realismo teísta" a través do que se chamou a "estratexia da cuña" (wedge strategy) Behe contribuíu na revisión de 1993 do libro Of Pandas and People, creando os alicerces das ideas que posteriormente denominaría como "complexidade irredutíbel". En 1994 Meyer contactou co Discovery Institute, e no ano seguinte obtiveron financiamento para crear o "Centro para a renovación da ciencia e a cultura", co propósito de promover o "movemento do deseño intelixente" por apoio político e público para o ensino do deseño intelixente como unha alternativa á evolución baseada na creación, particularmente nos Estados Unidos.

O deseño intelixente preséntase como unha alternativa ás explicacións naturais para a orixe e diversidade da vida. Sitúase en oposición á ciencia biolóxica convencional, que depende do método científico para explicar a vida a través de procesos observábeis como mutacións e a selección natural . O propósito declarado do deseño intelixente é o de investigar se as evidencias empíricas existentes implican ou non que a vida na Terra precisou concibirse por un axente ou axentes intelixentes. William Dembski, un dos principais defensores do deseño intelixente, afirmou que a alegación fundamental do deseño intelixente é que "existen sistemas naturais que non poden explicarse adecuadamente en termos de forzas naturais non-direccionais e que exhiben características que en calquera outra circunstancia nós atribuiríamos á intelixencia". No manifesto do Discovery Institute que é coñecido como a "estratexia da cuña ou documento da cuña" (Wedge Document), dicíase aos defensores do movemento que:

Os defensores do deseño intelixente buscan evidencias do que eles chaman "sinais de intelixencia": propiedades físicas dun obxecto que apuntan cara a un proxectista (deseñador) (véxase: argumento teleolóxico). Por exemplo, defensores do deseño intelixente argumentan que un arqueólogo que encontra unha estatua feita de pedra nun campo pode xustificadamente concluír que a estatua foi proxectada, e pode sensatamente tentar identificar ao que a concibiu. O arqueólogo non estaría, porén, xustificado para facer a mesma alegación baseado nun pedregullo irregular do mesmo tamaño. Os defensores do deseño intelixente argumentan que os sistemas vivos presentan unha gran complexidade, e a partir do cal poden inferir que algúns aspectos da vida foron proxectados.