Adolf Loos, nado en Brno (Moravia) o 10 de decembro de 1870 e finado en Kalksburg (Viena) o 23 de agosto de 1933, foi un arquitecto austríaco nacionalizado checoslovaco.
Traxectoria Despois de rematar os seus estudos viviu en Estados Unidos durante tres anos (1893 - 1896). Polemizou cos defensores do Modernismo que formaban a denominada Secesión de Viena e que representaban un punto de vista antagónico á súa visión da arquitectura. É considerado coma un dos precursores do racionalismo arquitectónico. Estivo en contacto coas vangardas artísticas europeas da súa época entrando en contacto con artistas como Schönberg, Kokoschka e Tristan Tzara. Foi un pioneiro do Movemento Moderno que supoñía a desornamentación dos edificios e a ruptura co historicismo.
Obras destacadas 250px|miniatura|A antiga Xastrería Goldman&Salatsch 250px|miniatura|Casa Steiner en Viena. Xastrería Goldman&Salatsch , tamén coñecida como Casa Loos, en Viena (1910). Intervención no Café Museum de Viena (1899) Villa Karma en Montreux (Suíza, 1903-1906) Casa Steiner en Viena. Proxecto para o Chicago Tribune Column (1922). Casa Müller en Praga (1930).
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía e proxectos en soloarquitectura.com . Breve biografía en artandculture.com . Biografía e obras en greatbuildings.com .
Categoría:Arquitectos de Austria Categoría:Modernismo Categoría:Nados en 1870 Categoría:Nados en Brno Categoría:Finados en 1933 Categoría:Alumnos da Universidade Técnica de Dresde