Yasmin Levy, nada en Xerusalén o 23 de decembro de 1975, é unha cantante israelí en lingua sefardí.

Traxectoria O seu pai, Yitzhak Levy, foi un investigador pioneiro na longa historia sefardí, a música e cultura da xudaría española e a súa diáspora. Yasmin deu unha nova interpretación á canción xudeu-española medieval, incorporando sons máis modernos, procedentes do flamenco español, e co uso de instrumentos tradicionais como o violín, o violoncello e o piano.

Discografía 2000: Romance & Yasmin (2000) 2005: La Judería (2005) 2006: Live at the Tower of David, Jerusalem (2006) 2007: Mano Suave (2007) 2009: Sentir (2009)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Cantantes de Israel Categoría:Nados en Xerusalén Categoría:Nados en 1975 Categoría:Cantantes en lingua sefardí