A orixe do mundo (en ) é un cadro realizado por Gustave Courbet en 1866.

Características É unha pintura ao óleo sobre lenzo, duns 55 centímetros por 46 centímetros, que representa en primeiro plano unha pube e o tronco espido dunha muller reclinada sobre as sabas dun leito e que ten as pernas separadas. A escala, o encadramento e o punto de vista elixidos polo artista supuxeron unha radical novidade respecto a toda a tradición pictórica anterior, producindo no espectador unha forte impresión de sensualidade e erotismo. Hoxe atópase exposto no Museo de Orsay, en París.

Véxase tamén Ligazóns externas Le ça d'Orsay, reportaxe en L'Express en 1995.

Categoría:Obras pictóricas de Gustave Courbet Categoría:Obras pictóricas de 1866