A tempada 2010-2011 da Heineken Cup foi a 16ª edición da máxima competición continental do rugby europeo, e na cal se proclamou campión de Europa por segunda vez o Leinster Rugby irlandés.
Como viña sendo habitual nos últimos anos, 24 foron os equipos participantes, divididos en 6 grupos de 4, para afrontar a primeira fase da competición, que é a fase de grupos. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira fase, viñeron os cuartos de final e semifinais, a partido único, e a final. A primeira xornada foi o día 8 de outubro do 2010, e a gran final se disputou o 21 de maio do 2011, no Millennium Stadium de Cardiff.
O equipo defensor do título obtido na tempada anterior era Stade Toulousain, que acadara por 4ª ocasión o torneo na tempada 2009-10 vencendo na final a Biarritz Olympique.
Este ano Francia achegou 7 equipos ó torneo, Inglaterra 6, Gales 4, Irlanda 3, Escocia 2 e Italia 2. 270px|miniatura|dereita|Países con equipos nesta Heineken Cup Calendario XornadasDatas1ª8-9 de outubro de 20102ª15-16 de outubro de 20103ª11-12 de decembro de 20104ª18-19 de decembro de 20105ª15-16 de xaneiro de 20116ª22-23 de xaneiro de 2011Cuartos9-10 de abril de 2011Semis30 de abril-1 de maio de 2011Final21 de maio de 2011 A Heineken Cup é a máxima competición a nivel de clubs do rugby europeo, e para que os resultados na mesma non se viran afectados pola ausencia de xogadores importantes, o calendario desta tempada estivo condicionado pola disputa dos Tests Internacionais de Outono entre as seleccións do Hemisferio Sur que visitaron as seleccións do Hemisferio Norte. Así, durante o mes de novembro fíxose unha paréntese na competición. Ademais, nos meses de febreiro e marzo do 2011 tivo lugar o Torneo das Seis Nacións de rugby, e polo tanto neses 2 meses tampouco se disputou ningún encontro da Heineken Cup.
Equipos Este ano Francia tivo 7 equipos no torneo xa que o ano anterior fora campión un equipo deste país, o Stade Toulousain. Dos 24 equipos participantes, 3 deles participaban este ano por primeira vez nesta competición: RC Toulon, Racing Metro 92 e Aironi Rugby, o equipo italiano que foi creado este ano.
20px|Inglaterra Inglaterra (6)20px|Francia Francia (7)20px|Gales Gales (4)20px|Irlanda Irlanda (3)20px|Escocia Escocia (2)20px|Italy Italia (2)Leicester TigersStade ToulousainCardiff BluesMunster RugbyEdinburgh RugbyBenetton TrevisoLondon WaspsBiarritz OlympiqueOspreysLeinster RugbyGlasgow WarriorsAironi RugbyNorthampton SaintsASM Clermont AuvergneLlanelli ScarletsUlster RugbyBath RugbyUSA PerpignanNewport DragonsLondon IrishCastres OlympiqueSaracensRC ToulonRacing Metro 92
Resultados Fase de grupos
GRUPO 1EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus- 1 20px|Inglaterra Northampton 25 6 6 0 0 1 0 2 20px|Gales Cardiff 14 6 3 0 3 0 2 3 20px|Francia Castres 11 6 2 0 4 0 3 4 20px|Escocia Edinburgh 8 6 1 0 5 0 4A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos. Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.
En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.<noinclude>
Xornada_____Local_____Resultado___Visitante___1Northampton18-14CastresDatos1Cardiff18-17EdinburghDatos2Castres27-20CardiffDatos2Edinburgh27-31NorthamptonDatos3Northampton23- 15CardiffDatos3Castres21- 16EdinburghDatos4Edinburgh24-22CastresDatos4Cardiff19-23NorthamptonDatos5 Cardiff14-9CastresDatos5Northampton30-0EdinburghDatos6Castres12-23NorthamptonDatos6Edinburgh14-21CardiffDatos
GRUPO 2EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus- 1 20px|Irlanda Leinster 24 6 5 0 1 3 1 2 20px|Francia Clermont 19 6 4 0 2 2 1 3 20px|Francia Racing Metro 9 6 2 0 4 0 1 4 20px|Inglaterra Saracens 6 6 1 0 5 0 2 A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos. Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.
En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.<noinclude>
Xornada_____Local_____Resultado___Visitante___1Leinster38-22Racing MetroDatos1Clermont25-10SaracensDatos2Racing Metro16-9ClermontDatos2Saracens23-25LeinsterDatos3Saracens21-24Racing MetroDatos3Clermont20-13LeinsterDatos4Racing Metro14-19SaracensDatos4Leinster24-8ClermontDatos5Clermont28-17Racing MetroDatos5Leinster43-20SaracensDatos6Racing Metro11-36LeinsterDatos6Saracens14-24ClermontDatos
GRUPO 3EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus- 1 20px|Francia Toulon 17 6 4 0 2 1 0 2 20px|Irlanda Munster 16 6 3 0 3 2 2 3 20px|Gales Ospreys 14 6 3 0 3 0 2 4 20px|Inglaterra Irish 9 6 2 0 4 0 1 A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos. Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.
En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.<noinclude>
Xornada_____Local_____Resultado___Visitante___1Toulon19-14OspreysDatos1Irish23-17MunsterDatos2Ospreys27-16IrishDatos2Munster45-18ToulonDatos3Munster22-16OspreysDatos3Irish13-19ToulonDatos4Ospreys19-15MunsterDatos4Toulon38-17IrishDatos5Irish 24-12OspreysDatos5Toulon32-16MunsterDatos6Munster28-14IrishDatos6Ospreys29-17ToulonDatos
GRUPO 4EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus- 1 20px|Francia Biarritz 22 6 4 0 2 4 2 2 20px|Irlanda do Norte Ulster 22 6 5 0 1 2 0 3 20px|Inglaterra Bath 14 6 2 0 4 2 4 4 20px|Italia Aironi 4 6 1 0 5 0 0 A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos. Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.
En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.<noinclude>
Xornada_____Local_____Resultado___Visitante___1Ulster30-6AironiDatos1Bath11-12BiarritzDatos2Aironi6-22BathDatos2Biarritz35-15UlsterDatos3Ulster22-18BathDatos3Aironi28-27BiarritzDatos4Biarritz34-3AironiDatos4Bath22-26UlsterDatos5Bath55-16AironiDatos5Ulster9-6BiarritzDatos6Aironi6-43UlsterDatos6Biarritz26-19BathDatos
GRUPO 5EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus- 1 20px|Francia Perpignan 22 6 4 1 1 4 0 2 20px|Inglaterra Leicester 22 6 4 1 1 3 1 3 20px|Gales Scarlets 15 6 3 0 3 3 0 4 20px|Italia Treviso 1 6 0 0 6 0 1 A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos. Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.
En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.<noinclude>
Xornada_____Local_____Resultado___Visitante___1Benetton29-34LeicesterDatos1Scarlets43-34PerpignanDatos2Perpignan35-14BenettonDatos2Leicester46-10ScarletsDatos3Perpignan24-19LeicesterDatos3Scarlets35-27BenettonDatos4Benetton15-38ScarletsDatos4Leicester22-22PerpignanDatos5Benetton9-44PerpignanDatos5Scarlets18-32LeicesterDatos6Leicester62-15BenettonDatos6Perpignan37-5ScarletsDatos
GRUPO 6EquipoPuntosXogGañEmpPerBonus+Bonus- 1 20px|Francia Toulouse 22 6 5 0 1 1 1 2 20px|Inglaterra Wasps 19 6 4 0 2 2 1 3 20px|Escocia Glasgow 12 6 3 0 3 0 0 4 20px|Gales Newport 2 6 0 0 6 0 2 A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos. Os puntos bonus danse por anotar 4 ensaios ou máis e por perder por 7 puntos ou menos.
En verde os equipos que pasaron a cuartos de final.<noinclude>
Xornada_____Local_____Resultado___Visitante___1Glasgow21-13NewportDatos1Toulouse18-16WaspsDatos2Newport19-40ToulouseDatos2Wasps38-26GlasgowDatos3Glasgow16-28ToulouseDatos3Newport16-23WaspsDatos4Toulouse36-10GlasgowDatos4Wasps37-10NewportDatos5Glasgow20-10WaspsDatos5Toulouse17-3NewportDatos6Wasps21-16ToulouseDatos6Newport16-23GlasgowDatos
Ó remate da fase de grupos, os 6 equipos clasificados en primeiro lugar pasaron directamente á fase de cuartos de final, así coma os 2 mellores equipos restantes.
Play Offs Os cuartos de final se xogaron o 9 e 10 de abril a partido único na casa dos 4 equipos con mellor puntuación final na fase de grupos.
O equipo franco-catalán de Perpignan xogou o seu encontro de cuartos como local no Estadio Olímpico Lluís Company de Barcelona diante de 55.000 seareiros, mentres que o equipo vasco-francés de Biarritz xogou o seu encontro de cuartos como local no Estadio de Anoeta da cidade de Donostia diante de 32.500 persoas.
As semifinais se xogaron os días 30 de abril e 1 de maio, con resultados a prol dos dous equipos locais, Northampton Saints e Leinster Rugby, que disputaron a final da Heineken Cup o 21 de maio no Millennium Stadium de Cardiff, en Gales. Ámbolos dous equipos xa foran campións de Europa unha vez.
Northampton Saints gañou a súa única Heineken Cup na edición 1999-2000 fronte a un equipo irlandés, Munster Rugby. Pola súa banda Leinster Rugby tamén sabe o que é gañar unha Heineken Cup. Fíxoo na edición 2008-2009 fronte a un equipo inglés, Leicester Tigers.
300px|miniatura|dereita|O escenario da final foi o Millennium Stadium de Cardiff, en Gales.
Final
A final disputouse no Millennium Stadium de Cardiff o día 21 de maio de 2011. Se enfrontaban o Leinster Rugby e o Northampton Saints nunha final inédita. Os irlandeses tiñan o obxectivo de acadar o seu 2º título en 3 anos, e os ingleses o 2º título 11 anos despois do primeiro. Ningún dos dous equipos tiña no seu palmarés unha derrota nunha final da Heineken Cup.
O camiño de ámbolos dous equipos ata chegar á final foi duro. Leinster Rugby tivo que eliminar a Leicester Tigers en cuartos de final e a Stade Toulousain nas semifinais. Northampton Saints enfrontouse a Ulster Rugby en cuartos de final e a USA Perpignan nas semifinais.
O francés Romain Poite foi elixido para arbitrar a final, que comezou ás 17:00 horas.
O encontro estivo dominado totalmente por Northampton Saints na primeira metade da final, que chegou ao tempo de descanso cunha vantaxe de 22 a 6 sobre Leinster Rugby, grazas a 3 ensaios de Phil Dowson, Ben Foden e Dylan Hartley. Foi o zagueiro inglés de Northampton Saints, Ben Foden, o xogador mais destacable desta primeira metade do encontro.
Non obstante, na segunda metade o equipo de Dublín reaccionou anotando 27 puntos seguidos e deixando a cero ó conxunto inglés. O apertura irlandés de Leinster Rugby, Jonathan Sexton, acadou o nomeamento de man-of-the-match pola súa actuación na segunda metade do encontro, na que dirixiu con éxito ó seu equipo e anotou 2 ensaios, 3 conversións e 2 golpes de castigo.Un soberbio Leinster se proclama Rey de Europa por segunda vez, artigo de Marca do 21 de maio de 2011. A estrela do conxunto irlandés, Brian O'Driscoll, pasou desapercibido no encontro.
Esta vitoria por 33 a 22 supuxo o 2º título de campión de Europa para Leinster Rugby, repetindo o éxito da edición 2008-09, e o 4º para un equipo irlandés nos últimos 6 anos.
No Millennium Stadium de Cardiff houbo 72.456 seareiros de ámbolos dous equipos, ateigando as bancadas do estadio.
Nese mesmo fin de semana se disputou a final da Amlin Challenge Cup (segunda competición continental) tamén en Cardiff, aínda que non no Millennium Stadium, senón no Cardiff City Stadium diante de 12.236 seareiros, e na cal se enfrontaron Harlequins e Stade Français. O resultado final foi 19 - 18 a prol do equipo de Londres.
Máximos Anotadores
De puntos PosXogadorPUNTOSEquipoPosición1ºJohnny Sexton138LeinsterApertura2ºSteve Myler101NorthamptonApertura3ºDavid Skrela94ToulouseApertura4ºJérôme Porical86PerpignanZagueiro5ºDimitri Yachvili80BiarritzMedio Melé De ensaios PosXogadorENSAIOSEquipoPosición1ºPaul Diggin6NorthamptonAla2ºMatt Banahan5BathAla -Tommaso Benvenuti5BenettonCentro -Takudzwa Ngwenya5BiarritzAla -Tom Biggs5BathAla - Tierry Dusautoir5Toulouse3ªLiña -Johnny Sexton5LeinsterApertura
350px|dereita|miniatura|Balón da Heineken Cup na tempada 2010/11
Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA 2010-11 (Futbol) Euroliga 2010-11 (Baloncesto) Liga de Campións da EHF 2010-11 (Balonmán) Copa de Europa de hóckey a patíns 2010-2011 (Hóckey a patíns) Ligazóns externas Ercrugby
Tempadas da Heineken Cup/Champions Cup1995/96 - 1996/97 - 1997/98 - 1998/99 - 1999/00 - 2000/01 - 2001/02 - 2002/03 - 2003/04 - 2004/05 - 2005/06 - 2006/07 - 2007/08 - 2008/09 - 2009/10 - 2010/11 - 2011/12 - 2012/13 - 2013/14 - 2014/15 - 2015/16 - 2016/17 - 2017/18 - 2018/19
Categoría:Rugby en 2011 Categoría:Heineken Cup