John Paul Meier, nado en Nova York o 8 de agosto de 1942 e finado o 18 de outubro de 2022, foi un sacerdote católico e historiador estadounidense, un dos máximos especialistas no estudo do Xesús de Nazaret histórico. Foi autor de diversos libros e de máis de 80 artigos para revistas e libros.
Traxectoria Estudou na Universidade Gregoriana de Roma e no Instituto Bíblico da mesma cidade. Foi profesor da Universidade de Notre Dame. Adicado aos estudos bíblicos, realizou varias investigacións sobre o Evanxeo de Mateu. Acadou sona internacional, tanto entre eruditos como entre o gran público, coa publicación da súa obra en varios tomos titulada un Xudeu marxinal. Nova visión do Xesús Histórico. Neles abordou as raíces do problema e da persoa (Tomo I), Xoán o Bautista e Xesús, o Reino de Deus e os Milagres (Tomo II), os compañeiros de Xesús e os competidores (Tomo IV) e a Lei e o Amor (Tomo V).John P. Meier - Department of Theology, University of Notre Dame.
A súa condición de sacerdote católico e de expresidente da Asociación Bíblica Católica non lle impediu soster opinións, na súa calidade de historiador e esexeta, que se afastan da doutrina tradicional da Igrexa Católica como a relativa aos irmáns carnais de Xesús.
Obras Reflections on Jesus-of-History research today (1991) A Marginal Jew (1991-2001) The circle of the twelve. Did it exit during Jesus public ministry? (1997) The present state of the third quest for the historical Jesus. Loss and Gain (1999) The debate on the resurrection of the dead. An incident from the ministry of historical Jesus? (2000)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas John P. Meier no Departamento de Teoloxía da Universidade de Notre Dame (Inglés)
Categoría:Historia do cristianismo Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Bíblico Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2022