A tempada 2010-2011 da Aviva Premiership foi a vixésimo cuarta edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomou o nome Aviva do seu principal patrocinador, que por primeiro ano era esa importante compañía de seguros.
Formato da competición O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.
O sistema de puntuación foi o seguinte: 4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 punto pola derrota. 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios. 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.
A liga comezou o 3 de setembro de 2010, e rematou o 28 de maio de 2011 coa gran final.
Táboa Aviva Premiership — Tempada 2010/11PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.BOBD 1º 20px Leicester 78 22 16 1 5 8 4 2º 20px Saracens 76 22 18 0 4 2 2 3º 20px Gloucester 67 22 14 1 7 5 4 4º 20px Northampton 65 22 14 0 8 6 3 5º 20px Bath 62 22 13 1 8 5 3 6º 20px Irish 54 22 11 0 11 6 4 7º 20px Harlequins 52 22 9 2 11 4 8 8º 20px Exeter 43 22 10 0 12 0 5 9º 20px Wasps 43 22 9 1 12 1 4 10º 20px Sale 32 22 6 1 15 1 5 11º 20px Newcastle 23 22 4 1 17 0 5 12º 20px Leeds 23 22 4 0 18 0 7<<<< 2009/10 — Tempadas — 2011/12 >>>>
En azul os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º). En rosa o equipo descendido (12º).
Semifinais e final
A final disputada no estadio de Twickenham, en Londres, enfrontou diante de 80.016 seareiros a Leicester Tigers e Saracens, os dous primeiros equipos da clasificación da liga ó remate da tempada regular, e vencedores de cadansúa semifinal.
Ámbolos dous equipos xogaron vestindo o seu primeiro equipamento; Leicester Tigers cos cores verde, vermello e branco; e Saracens de cor negra.
Leicester Tigers viña de rematar primeiro na clasificación final da liga regular, con 78 puntos, e nas semifinais tivo que enfrontarse a Northampton Saints por un posto na final. O resultado da semifinal foi 11-3.
Pola súa banda, Saracens viña de rematar segundo na clasificación final da liga regular, con 76 puntos, aínda que con 2 vitorias máis que o primeiro. Nas semifinais enfrontouse a Gloucester Rugby por un posto na final, posto que acadou cun resultado final de 12-10.
O gran final, arbitrada por Wayne Barnes, comezou con varios golpes de castigo lanzados por Toby Flood (de Leicester) e Owen Farrell (de Saracens). No minuto 26, cando o taboleiro sinalaba un 6 a 6, Saracens anotou o único ensaio do encontro. Tralos primeiros 40 minutos chegouse ó descanso cun 16 a 9 a prol dos Saracens.
Na segunda metade Toby Flood anotou 3 golpes de castigo mais a prol de Leicester Tigers, e Owen Farrell outros 2 a prol de Saracens, de xeito que no minuto 75 o resultado era 22 a 18 para Saracens. Con 5 minutos por diante, Leicester Tigers atacou á desesperada, Saracens defendeu dentro da súa liña de 22, os xogadores de Leicester estiveron mesmo a un metro da zona de ensaio, pero finalmente o encontro rematou co resultado de 22 a 18.
Con esta vitoria Saracens acadou o seu primeiro título de campión de liga na súa historia.
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo resumo da final, en Youtube (comentarios en inglés) Páxina oficial da liga Táboa de realizadores de ensaios Táboa de anotadores de puntos
Categoría:Rugby en 2011 Categoría:Liga inglesa de rugby