José Antonio Rueda Crespo, nado en Xaén o 9 de marzo de 1938 e finado en Pontevedra o 27 de xaneiro de 2012, foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de Antonio Rueda Muñiz. Enxeñeiro agrónomo de profesión, foi Xefe provincial do Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario en Pontevedra. Foi concelleiro no concello de Silleda de 1983 a 1987, e neses anos foi deputado provincial e Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Foi senador electo por Pontevedra na II e III lexislatura (1982-1989) por Alianza Popular. Posteriormente foi nomeado Xefe do Servizo de Costas de Pontevedra.
Vida persoal
Casou con Dolores de Valenzuela López-Montenegro, e foi pai de María, Alfonso, Marta e José Antonio Rueda Valenzuela. Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición
Ligazóns externas
Ficha no Senado "Fallece el exsenador y exvicepresidente de la Diputación José Antonio Rueda Crespo" Faro de Vigo, 28/1/2012 .
Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Concelleiros de Silleda Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Nados en Xaén Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades sen imaxes